28/05/2026

A ópera Carmen inaugura con cheo absoluto a Tempada Lírica da Coruña

A icónica ‘Carmen’ do director de escena Calixto Bieito recibiu unha longa ovación no Palacio da Ópera, nunha función que contou coa presenza do Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos.

A 73ª Tempada Lírica da Coruña arrincou cun éxito rotundo. A produción da ópera Carmen, coa controvertida e aclamada firma do director de escena Calixto Bieito, encheu por completo o Palacio da Ópera a noite do venres e recibiu unha sonora ovación dun público entregado que celebrou unha velada de alta calidade artística.

Esta gran posta en escena, que poderá verse tamén hoxe domingo, chega a Galicia tras triunfar nos principais teatros internacionais e para conmemorar o 150º aniversario da estrea da popular obra do compositor francés George Bizet. Tras a súa representación, a programación da Tempada Lírica continuará ata decembro con preto de 30 citas co xénero lírico, entre recitais, galas e actividades formativas e divulgativas.

O Palacio da Ópera coruñés rexistrou un cheo absoluto de público que ovacionou a todo o equipo artístico, un elenco que ademais de recoñecidos solistas como Sofija Petrovic (Carmen), Oreste Cosimo (Don José), Jean-Fernand Setti (Escamillo) ou Mª José Moreno (Micaela), contou coa participación de cantantes novos cunha carreira prometedora nacidos na Coruña como a soprano Susana García Picos (Frasquita), a mezzosoprano Irene Zas (Mercedes) ou o barítono Pedro Martínez Tapia (Morais). Tamén participaron o barítono pontevedrés Jacobo Rubianes (Zúñiga), o barítono ferrolán Gabriel Alonso (Dancaire) ou o tenor madrileño Eduardo Pomares (O Remendado), que conseguiu un accésit de Amigos da Ópera da Coruña no Certame Internacional de Zarzuela de Valleseco (Gran Canaria) de 2024.

As agrupacións coruñesas do Coro Gaos e o Coro Infantil Cantabile deron o mellor de si tanto no vocal como na posta en escena,

No foso, a Orquestra Sinfónica de Galicia mostrou un nivel extraordinario que aumento aaltura artística do conxunto.Á batuta, o experimentado mestre italiano Gianluca Martinenghi.

Un exitoso resultado que combina o talento de figuras internacionais co potencial musical coruñés e galego, unha máis que acertada aposta da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña.

Presenza institucional na apertura

O acto de inauguración desta prestixiosa tempada contou coa presenza de o Conselleiro de Cultura, Educación, Lingua e Mocidade, José López Campos, quen acudiu acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies