O Concello abre o vindeiro luns un novo prazo de inscrición ao ampliar o número de matrículas en 400 persoas participantes o que permitirá que 1.400 corredoras/es participen na carreira popular máis emblemática da cidade
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez presentou esta mañá xunto ao presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, a carreira popular C10, que volve o vindeiro 3 de outubro ás rúas da cidade tras a pandemia. Deste xeito, dixo, a Coruña celebra a volta das carreira máis querida polas coruñesas e coruñeses. Será a décimo quinta edición dunha carreira que foi o inicio de todo o que representa hoxe en día este deporte na cidade.
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que unha das prioridades do Goberno local é potenciar o atletismo e as carreiras populares que fan que a cidade se posicione como un referente no mundo deportivo.
Unha carreira que presenta un novo percorrido polo interior dos peiraos e preséntase aínda máis inclusiva. Ademais, debido a mellora da situación sanitaria o Concello ampliará a inscrición a 400 persoas participantes máis. Así o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 22.00 horas, abrirase un novo prazo para poder participar na carreira.
A C10 será máis inclusiva. A intención do Concello, explicou a concelleira, é avanzar no obxectivo de facer de Coruña 10 unha carreira 100% inclusiva. Neste apartado, sinalou Martínez, o noso agradecemento é para Aspronaga, Grumico e Enki polas
súas achegas por facer desta carreira unha referencia de inclusión. Así as e os atletas
con discapacidade teñen que decidir se queren participar na carreira adaptada.
Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos,
manifestou a satisfacción da federación pola volta da carreira e agradeceulle o
Concello a súa implicación nunha proba emblemática, “a proba nai das tres carreiras
que se disputan na Coruña e que proxectan a imaxe non só da cidade senón tamén
do atletismo e do deporte galego”. Hornillos cualificou o circuíto de fantástico con
marcas rexistradas de nivel internacional.
Para máis información sobre a carreira: https://atletismo.gal/competicions/xiv-carreirapopular-
coruna-10/