12.6 C
A Coruña
martes 26 septiembre 2023
InicioDeportesCase 2.000 persoas inscritas no circuíto Coruña Corre, que celebra este domingo...

Case 2.000 persoas inscritas no circuíto Coruña Corre, que celebra este domingo a Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma

Os dorsais para a segunda proba do circuíto poderán recollerse o sábado e domingo antes da saída no Centro Cívico

O domingo 7 de maio celebrarase a XIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, a segunda proba do décimo circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Ao peche das inscricións, hai case 2.000 persoas rexistradas que poderán participar nesta competición.

A proba absoluta está prevista para ás 10.00 horas do domingo e percorrerá unha distancia de 6,5 quilómetros entre terreo asfaltado e zonas verdes. A partir das 11.15 horas disputaranse as carreiras de categorías inferiores, un total de seis. O inicio e a meta da proba estará situada na rúa San Pedro de Visma, no cruzamento coa rúa Aguillón, próxima
ao centro cívico municipal.

A carreira discorrerá pola estrada de Bens ata o parque, onde terá lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Haberá un avituallamento sólido e líquido na meta.

As persoas participantes nesta Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma deberán retirar os seus dorsais no Centro Cívico de San Pedro de Visma, o sábado 6 de 11.00 a 20.30 horas, e o domingo 7, ata unha hora antes do comezo das carreiras. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal non necesitan retirar un novo, xa que este é único para todas as probas.

Haberá servizo de gardarroupa, de 9.30 a 13.00 horas, no centro cívico. Tamén haberá un servizo de duchas no polideportivo municipal de Labañou, de 10.30 a 13.00 horas. A entrega de premios terá lugar a partir das 12.30 horas no podio situado fronte á zona de meta.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies