12.6 C
A Coruña
martes 27 febrero 2024
A Coruña
algo de nubes
12.6 ° C
13.3 °
11.1 °
82 %
5.1kmh
20 %
Mar
14 °
Mié
16 °
Jue
18 °
Vie
15 °
Sáb
12 °
InicioCulturaConstituido o Consello Municipal da Cultura da Coruña

Constituido o Consello Municipal da Cultura da Coruña

Inés Rey: “Con este consello outorgamos unha especial protección ao sector cultural porque garantimos que a cultura teña sempre o seu espazo, goberne quen goberne”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a Sesión Constitutiva do Consello Municipal da Cultura da Coruña celebrada no Centro Sociocultural Ágora. Trátase dun organismo de participación co que o Goberno de Inés Rey quere darlle voz ao sector cultural da Coruña, pasando a formar parte da acción municipal coas súas achegas directas.

Na sesión participaron un cento de representantes das diferentes entidades do sector e tecido asociativo da cidade, así como de institucións implicadas no organismo como a Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña ou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Rey explicou que a constitución do Consello Municipal da Cultura supón un
importante paso na consolidación do sector. “Con este consello outorgamos unha especial
protección ao sector cultural porque garantimos que a cultura teña sempre o seu espazo,
goberne quen goberne” sinalou a alcaldesa.

A rexedora lembrou que o proxecto do Consello Municipal da Cultura iniciouse no pasado
mandato e vai na liña de ampliación das canles de participación cos principais sectores
estratéxicos da cidade, coma o Consello Municipal do Deporte. ”Isto amosa que esta
alcaldesa e este Goberno están comprometidos coa Coruña, porque un non pode comprometerse coa cidade sen comprometerse coa súa identidade e coa súa cultura”
expuxo.

Rey concluíu apelando á unidade e reivindicando a potencia cultural da Coruña. “Esta
cidade é fogar de artistas e creadores nos seus barrios e lugar preferido de moitos que
atoparon nesta beira do Atlántico un sitio de inspiración. O Concello, a través deste
Consello Municipal da Cultura, comprométese a que sexa unha realidade perdurable”
rematou.

Composición do Consello Municipal da Cultura

Os Estatutos do Consello Municipal de Cultura recollen gran parte das achegas do propio
sector, trasladadas polos profesionais do sector tras o seu acto de presentación. De acordo
co regulamento aprobado no Pleno ordinario do mes de marzo no Boletín Oficial da
Provincia da Coruña (BOP), correspóndelle á concellería-delegada de Cultura a designación
da persoa que ocupa a Secretaría do CMC que debe ser unha persoa funcionaria do
Servizo Municipal de Cultura, do Servizo Municipal de Bibliotecas ou do Servizo Municipal
de Museos Científicos.

A alcaldesa comunicou ao Pleno do Consello a designación como titular da secretaría do
novo organismo de Susana Martínez Portabales, xefa de departamento do servizo de
Promoción da Cultura, quen explicou o procedemento para a elección da vicepresidencia e
as persoas que conformarán a Comisión Permanente do Consello Municipal da Cultura.

Portabales indicou que se abre o prazo dun mes para a presentación de candidaturas, tanto
para ocupar a vicepresidencia como a Comisión Permanente. Logo de que remate o prazo
de presentación de candidaturas, convocarase unha nova sesión para que o pleno escolla
entre as candidaturas presentadas completando a composición do Consello Municipal da
Cultura.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies