12.6 C
A Coruña
miércoles 17 agosto 2022
InicioSociedadInés Rey anima ao sector turístico a traballar conxuntamente nunha oferta que...

Inés Rey anima ao sector turístico a traballar conxuntamente nunha oferta que sitúe A Coruña no mapa internacional de destinos

A alcaldesa reuniuse hoxe co sector co fin de presentar as principais liñas de traballo, baseadas na sostibilidade, a dixitalización e a profesionalización do sector

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse hoxe co sector turístico da cidade co fin de presentar xunto ao concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e ao novo xerente do Consorcio de Turismo, Moisés Jorge Naranjo, os principais eixos de desenvolvemento turístico e as liñas estratéxicas de traballo a partir deste momento para potenciar a cidade.

Inés Rey destacou a importancia de aproveitar esta crise para saírmos reforzados, e construír conxuntamente unha proposta turística de calidade “que nos sitúe de novo no mapa nacional e internacional mediante unha oferta única que atraia o novo turismo que está por chegar despois da COVID”. Neste senso, a rexedora asegurou que se ten que “aproveitar o camiño percorrido pero darlle un novo impulso apostando pola recuperación e consecución de novas conexións aéreas de Alvedro”. “Contades con todo o meu compromiso e vontade política para facer desta cidade un enclave turístico de referencia tanto nacional como internacional”, sentenciou.

Nesa mesma liña, o novo xerente apuntou que as liñas estratéxicas serán a sostibilidade turística, a dixitalización dos recursos turísticos e a profesionalización do sector tendo como base o apoio da Universidade. “A partir do luns manteremos reunión con todos os axentes socioeconómicos do turismo da cidade para consensuar o próximo plan estratéxico 2022 que terá que saír do froito do traballo de todos”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies