13.9 C
A Coruña
sábado 5 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioÁrea metropolitanaO BNG solicita axuda da Xunta para adquirir a Quinta Cortón

O BNG solicita axuda da Xunta para adquirir a Quinta Cortón

Aquí citábanse destacados humanistas como Giner de los Rios ou Bartolomé Cossio, entre outros persoeiros da Institución Libre de Enseñanza

As deputadas nacionalistas Mercedes Queixas e Iria Taibo solicitaron á Xunta que preste a súa axuda para a adquisición para patrimonio público da coñecida como Quinta Cortón, residencia do intelectual Xoan Vicente Viqueira na bergondesa parroquia de Vixoi. «Esta Quinta albergou boa parte da historia recente de Bergondo que compre conservar e divulgar. Aquí citábanse destacados humanistas como Giner de los Rios ou Bartolomé Cossio, entre outros persoeiros da Institución Libre de Enseñanza. Ademais, é un ben catalogado nas normas subsidiarias en vigor polo que compre protexelo”, indicou a deputada Mercedes Queixas.

«Hai un acordo plenario de marzo do 2022 que apoia a adquisición para usos culturais, sociais ou educativos. Vixoi ten escaseza de espazos públicos para a veciñanza, algo que se paliaría así dada a amplitude do edificio e os seus xardíns que poderían abrirse ao público, aínda que dada a envergadura do proxecto tería repercusión máis alá do concello, a comarca, ou a nivel galego», indicou o portavoz municipal David Carro.

As deputadas do BNG tamén propoñen á Xunta que estude a posibilidade de impulsar a creación dunha Fundación participada por distintas administracións como o Concello de Bergondo ou a Deputación da Coruña para a posterior xestión deste espazo.

ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies