12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioSociedadO Concello destaca a mellora da accesibilidade nas praias no acto do...

O Concello destaca a mellora da accesibilidade nas praias no acto do izado da bandeira azul

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, recordou que Santo Amaro e Oza dispoñen de todos os servizos necesarios para as persoas con diversidade funcional e recordou a presenza de informadoras/es nos accesos aos areais, que lembrará ás usuarias e usuarios as normas de seguridade actuais.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, izou este mediodía a bandeira azul en Riazor, nun acto simbólico co que se dá conta da calidade medioambiental e dos servizos das praias coruñesas, que este ano se poderán desfrutar dentro dunha “mellor normalidade”. Un avance con respecto ao ano pasado é a supresión dos semáforos de control de capacidade xa que “a situación vai mellorando”, mais recordou que a normativa vixente implica o peche de areais e de parques en horario nocturno, polo que de momento non se retirarán os valados de Riazor. A concelleira sinalou que a premisa do Goberno de Inés Rey é que todas e todos poidamos desfrutar mellor desta tempada estival, pero sempre con sentido común.

Neste sentido, Fontán gabou a actitude das persoas usuarias que gardan correctamente a distancia de seguridade nestas primeiras semanas de verán e destacou a presenza un ano máis de informadoras/es nos accesos que poñerán ao día das normas actuais e entregarán bolsiñas para depositar os restos orgánicos e inorgánicos, así como máscaras e cinceiros: “O máis recomendable é acceder aos puntos habilitados nas entradas para fumar e favorecer así a convivencia entre veraneantes”. Ademais, destacou a mellora na accesibilidade de Santo Amaro e Oza, que dispoñen de todos os servizos necesarios para as persoas con diversidade funcional: “Tamén arranxamos a rampla do Matadoiro” e a beirarrúa de
todo o Paseo Marítimo co fin de facelo accesible para as persoas con discapacidade
visual: “En accesibilidade melloramos un 100%”.

Ademais, Esther Fontán recordou a nova aplicación móbil CEUS, que reforzará o
traballo realizado polo equipo de salvamento. Deste xeito, a cidadanía pode
contactar directamente coas persoas socorristas e estas poderán xeolocalizar no
momento calquera emerxencia. Tamén informará doutros aspectos como as
condicións meteorolóxicas en tempo real, as correntes, a cor das bandeiras que
indican a perigosidade do baño ou do índice de raios UVA.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies