12.6 C
A Coruña
domingo 24 septiembre 2023
InicioCulturaO Concello programará durante tres semanas charlas, cine, concertos e unha ruta...

O Concello programará durante tres semanas charlas, cine, concertos e unha ruta sobre rodas polo Día do Orgullo

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, destacou a importancia de volver a reivindicar a presenza do colectivo LGTB e de celebrar que “Somos, Estamos e Amamos”, tal e como reza o lema deste ano

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou esta mañá o programa para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTB, un conxunto de iniciativas que deseñaron conxuntamente entre a concellería, o espazo municipal das diversidades sexuais e as identidades de xénero e mais as entidades da cidade que achegaron as súas propostas. En concreto, explicou que este ano colaboraron con Corufest, CASCO, ALAS Coruña, Les Working, Les Coruña, ARELAS e ORCO e destacou que sen o activismo de todas estas asociacións esta sociedade non sería o que é hoxe. A edila sinalou que despois das dificultades que supuxo a pandemia para reivindicar a igualdade dos colectivos máis vulnerables, toca o momento de celebrar que “Somos, que Estamos e que Amamos” parafraseando o lema desta edición. Yoya indicou que as persoas LGTB teñen que estar cada vez máis presentes e facer máis visibles as inxustizas que poidan sufrir porque “elas son un exemplo de amar como resposta ao odio que puideron padecer”. Ademais, recordou o compromiso do goberno de Inés Rey por impulsar políticas de igualdade e apoiar o tecido asociativo que traballa incansablemente por conseguila.

Deste xeito, a programación comezará o sábado e estenderase durante case tres semanas até o 15 de xullo. Consistirá nas seguintes actividades:

  • Charlas en que se abordarán diferentes temas de interese para as persoas LGTB (26 de xuño e 9 e 10 de xullo):
  • A visibilidade lésbica, 26 de xuño, ás 11.00 horas na Fundación Seoane. Retransmitirase a través da canle de YouTube “Lesworking Comunidad”.
  • Dereitos humanos e leis para o empoderamento das persoas LGTB, 9 de xullo, ás 18.30 horas no Centro Ágora.
  • Importancia da educación para a prevención da discriminación, 10 de xullo, ás 11.00 horas, no Centro Ágora.
  • Ciclo de cine en que a selección de películas porán o foco de atención nas personaxes femininas e, en particular, ás mulleres trans como colectivo especialmente vulnerable (29 de xuño, 1, 6, 8 e 13 de xullo, ás 22.00 horas na Fundación Seoane). O apartado inaugurarase o día 29 co recital de Lúa Mosquetera.
  • Atlantic Pride Lite (3 de xullo) nunha edición adaptada ás circunstancias sociosanitarias, en que actuarán ás 21.00 horas Nenita Danger, Yogurinha Borova, Xenon Spain e Marta Sango no Teatro Colón. As entradas están á venda en corunacultura.sacatuentrada.es.
  • Ruta orgullosa (4 de xullo): unha ruta en patíns, skate, bicicleta ou vmp que servirá para visibilizar o colectivo LGTB. Realizada coa colaboración das entidades Galicia Rollers, Mobiliza e a Asociación Coruñesa de Usuarios de vmp. Partirá desde A Mariña ás 11.00 horas e chegará a María Pita.
  • Concerto no Castelo de Santo Antón (15 de xullo): que suporá o final da programación coa posta en escena ás 21.30 horas do Coro Cantabile, o dúo Feminino Plural formado por Silvia Penide e Carla López e o dúo More Amore.
Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies