12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioSociedadO Concello reforza o seu compromiso coa seguridade cidadá promocionando...

O Concello reforza o seu compromiso coa seguridade cidadá promocionando a 12 policías locais

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, felicitou as e os novos oficiais da Policía Local e agarda que continúen a ser “unha extensión do propio Concello”

O Concello da Coruña reforza o seu compromiso coa seguridade cidadá ao promocionar desde hoxe doce axentes de Policía Local no seu cadro de persoal.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, felicitou as e os novos oficiais da Policía Local e agarda que continúen a ser “unha extensión do propio Concello” para “seguir defendendo as ordenanzas municipais, velar pola seguridade da veciñanza e garantir o servizo público”.

As e os novos oficiais foron recibidos esta mañá no pazo municipal de María Pita pola rexedora, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego; o concelleiro de Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas; e o responsable da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

No que vai de ano, ademais destes ascensos, tamén promocionaron 3 oficiais da Policía Local a inspectores.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies