13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadO Concello regula a través dun bando un San Xoán nos barrios...

O Concello regula a través dun bando un San Xoán nos barrios mantendo as medidas de seguridade

As praias da cidade permanecerán pechadas e non se poderán facer cacharelas, aínda que si estarán permitidas as churrascadas e sardiñadas sempre e cando se presente unha declaración responsable.

O Concello da Coruña publicará mañá un bando municipal para regular as actividades permitidas durante a festividade de San Xoán. No bando, a alcaldesa, Inés Rey, sinala que “aínda persiste a necesidade de limitar as actividades que representan máis risco de contaxio da COVID-19” polo que aposta por un San Xoán que se celebrará nos barrios de xeito similar ao ano pasado, que será unha festa familiar nas rúas co fin de evitar as aglomeracións.

O texto lembra que o Concello pechará o día 23 de xuño o acceso ás praias da cidade, que deberán baleirarse de persoas ás 21:00 horas. Non se poderán facer cacharelas en ningún espazo público da cidade, nin poderá haber música ao vivo, nin se autorizará o peche de vías públicas, todo iso para evitar que se produzan reunións dun número excesivo de persoas.

Canto ás sardiñadas, churrascadas ou similares, o día 23 de xuño permitiranse realizar en espazos de titularidade pública, aínda que será preciso que as persoas interesadas presenten unha declaración responsable por escrito ao Concello, manifestando cumprir os requisitos para desenvolver a actividade e identificando a dúas persoas maiores de idade con todos os seus datos de identidade e contacto. A declaración poderá presentarse a través da sede electrónica municipal ou presencialmente nos rexistros municipais, previa cita, sempre con, canto menos, 24 horas de antelación.

O apartado de Seguridade Cidadá da web do Concello contén consellos e recomendacións relativos á seguridade desta actividade. Ademais, será obrigatorio limpar onde se instalen as grellas e resto dos elementos utilizados para desenvolveren as actividades permitidas.

Non se permitirá realizar churrascadas nin sardiñadas en zonas forestais ou baixo o arboredo de parques e xardíns. As grellas e barbacoas deben manter unha distancia mínima de 10 metros de distancia ao tronco das árbores. E tampouco se permitirá facer churrascadas ou instalar grellas na totalidade do trazado do oleoduto, o Parque de Bens e o Monte de San Pedro, os Xardíns de Méndez Núñez, os Xardíns de San Carlos, a praza das Bárbaras e a contorna da Torre de Hércules, incluído o merendeiro das Lapas, sen prexuízo de que os servizos de seguridade poidan designar algunha outra zona baseándose en criterios de protección das persoas e os bens públicos.

A Policía Local poderá, como medida cautelar, comisar ou retirar todo tipo de materiais, instalación ou bens mobles en xeral, logo de llelo requirir ás persoas interesadas cando iso for posible. Se o comisado fose perecedoiro, destruirase ou entregaráselles a centros benéficos.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies