O Instituto Miraflores de Oleiros celebra este venres 21 de abril a súa carreira popular solidaria que, nesta V edición, destina a súa recadación áFundación Diego González Rivas.
“Calza as túas zapatillas e anímate a participar para axudar a salvar vidas”. Este é a mensaxe de motivación que lanzan desde o centro oleirense para inscribirse esta semana na V edición da Carreira da Luz que se celebra este venres 21 no Polígono de Iñás, en Oleiros. Organizada polo Instituto de Ensino Secundario Miraflores, esta proba popular ten como eixo fundamental ensinar os valores solidarios, deportivos e de convivencia. Trátase dunha carreira nocturna na que poden participar persoas de todas as idades, con categorías desde biberóns ata súper veteranos.
Ademais, desde o centro queren animar á participación masiva cunha motivación extra. Grazas aos patrocinadores que este ano axudan na organización, a lista de agasallos é un aliciente máis para correr. “Cada dorsal recibirá unha bolsa de abastecemento cortesía de Eroski-Vegalsa. Para os máis pequenos, esas bolsas levarán, ademais, algunha que outra sorpresa. Todos os gañadores e gañadoras das categorías superiores serán premiados con produtos de Revlon, achegados polo Salón de Beleza Diude de Compostela, unha chea deobsequios de Toyota Material Handling ou clases de Surf en Sup Mera”, desvelan dende o instituto.
Haberá inchables para os máis pequenos, chocolate, doces caseiros e moitas sorpresas máis. Poderáse conseguir unha estancia en Casa Amodiño (Belesar), unha comida ou cea para dúas persoas en CANTÓN 23, bonos de paseo a cabalo,tratamentos de beleza, sesións de fisioterapia e podoloxía, manicuras, pedicuras, descontos nas compras en Tarabela roupa e complementos , pases para os pequenos en Urban Planet, dúas noites en Manzaneda e dúas en San Isidro, cortesía de Viaxes Sierra, lentes deportivas e moito máis.
O proxecto A Carreira da Luz
O proxecto naceu en 2017 e despois das primeiras catro edicións, a pandemia impediu que se puidese celebrar estes dous últimos anos. “Agárdase que este ano 2023 sexa ou inicio dunha nova etapa da Carreira da Luz, e que ou parón forzoso que a nivel mundial tivemos que vivir sexa ou punto de saída paraacadar de novo a tan arelada meta: Recuperar todo aquilo que se perdeu e asolagar de LUZ a vida de moita xente que ou precisa”, destacan desde o centro.
Unha das máximas do IES Miraflores é educar en valores e inculcar boas prácticas como a cooperación e a solidariedade con aquelas persoas que sofren. Por iso ,cada ano, os fondos que se recadan da carreira van destinados a algunha causa humanitaria.
Nesta ocasión a liña de colaboración solidaria téndese coa FUNDACIÓN DIEGO GONZÁLEZ RIVAS, entidade con selo galego, recentemente constituída, que ten como obxecto a investigación médica e que leva o nome do cirurxián coruñés que, desde fai máis dunha década, opera en todo o mundo a persoas sen recursos a través da súa técnica de cirurxía Uniportal VATS.
Coa cantidade que se recade, reténdese dotar de LUZ ao devandito proxecto que se presenta oficialmente un día antes da carreira, o xoves 20 na Coruña.