13.9 C
A Coruña
sábado 18 enero 2025
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioDeportesO Ineltrón Santo Domingo Betanzos suma en Noia a 6ª vitoria da...

O Ineltrón Santo Domingo Betanzos suma en Noia a 6ª vitoria da fase

O 60-80 final non reflexa os méritos do equipo rival, que só cedeu no último cuarto

Por culpa das lesións e de cuestións de índole extradeportiva, o Ineltrón Santo Domingo Betanzos acudiu á pista do CB Berberecho de Noia cunha rotación máis curta do habitual. Porén – e é algo que destaca calquera rival- o “plantel” betanceiro é digno de envexa pois pode pór na pista varios quintetos sen que o xogo se resista.

Faltaron Luis Portilla, Pepe Moreno, Will Pereiro e Cardalda, pero os 9 xogadores que desembarcaron no Alonso Rodríguez amañáronse para atar unha nova vitoria, a 6ª da fase polo título, a 18ª consecutiva da temporada, por 20 puntos de diferenza.

Con todo, hai que dicir que o Santo só xogou dous períodos, o primeiro e o último, cun protagonista claro en cada un deles. Se no primeiro foi Dani Martín quen perforou o aro rival con catorce puntos, no último foi Rozas quen tomou a batuta para pór as cousas no seu sitio cando a relaxación fixo que o voluntarioso Berberecho de Noia se puxese tan só a dous puntos cando o descanso marcaba unh ventaxa de trece puntos, trece puntos, nove deles de tripla, do veterano pivote dos de Betanzos, ben secundado por Brezo e Abelleira para un parcial de 32-14 que acabou por situar as cousas no seu sitio.

Nos pros, a capacidade de reacción canto toca remar.

Nos contras, a fixación polo tiro de tres cando o xogo interior ben pode solucionar a papeleta: 10/34.

Próxima cita, partido na casa. O rival, un baloncesto Cambre que nesta segunda fase suma 5 vitorias e que na última xornada “esmagou” ao Allariz por 49 puntos de avantaxe.

Cb. Berberecho de Noia 60: Jorge Pérez Córdova 5, Noel Pouso, Tomás Álvarez Fuentes 29, Anxo Vázquez 5, Mario Rodríguez 7, I.C.P. 2, Ángel Gómez Feas 5, Miguel Gil 5, Francisco Barreiro Buceta 2.

Ineltrón Santo Domingo Betanzos 80: Abelleira 8, Sanjurjo 8, Dani Cayado, Jorge Cayado 6, Dani Martín 14, Miguel Latas, Rozas 19, Ernest 6, Brezo 19

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies