13.9 C
A Coruña
sábado 5 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioCulturaRiazor volverá ser escenario musical 28 anos despois co ciclo de concertos...

Riazor volverá ser escenario musical 28 anos despois co ciclo de concertos “Riazor Live”

Na súa aposta por apoiar os músicos locais, o Concello impulsou a idea de acompañar ás cabezas de cartel -Nicky Jam, Carlos Rivera, Duki/ Funzy & Baby Loud, Iván Ferreiro/ Viva Suecia, Hombres G e Kase.O- con bandas do país que se anunciarán nos vindeiros días.

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o novo ciclo “Riazor Live”, que terá lugar no estadio do 18 de xullo ao 5 de agosto, un gran proxecto que suporá a volta dos eventos musicais a Riazor 28 anos despois daquel concerto emblemático dos mil anos. A rexedora sinalou que desde o Concello impulsaron a idea de que en cada unha das seis citas programadas, as cabezas de cartel vaian acompañadas dunha banda local que se irán anunciando nos próximos días: “Temos claro cales son as nosas prioridades e apoiar a música local e galega é unha delas, así que este evento será para eles un escaparate importante de cara a presentar os seus últimos traballos”.

Neste punto, sinalou que non quixeron perder a oportunidade de abrir Riazor con música aínda que sexa nun formato reducido de 4.000 espectadoras/es porque supón un sopro de esperanza na volta á normalidade, “que culminará en 2022 co grande evento internacional que todas/os agardamos”. Neste aspecto, agradeceu a valentía dos promotores do apartado, que conformaron un gran cartel nestas circunstancias tan complexas, e a implicación e apoio de Abanca e do Deportivo na aposta de converter Riazor “nun referente na celebración de eventos musicais de primeiro nivel”. Este reto, engadiu, asumímolo como prioritario no Goberno local que presido e hoxe poñemos a primeira pedra.

Riazor Live inaugurarase o 18 de xullo co trap latino de Nicky Jam para continuar tres días máis tarde, o 21 co mexicano Carlos Rivera, que presentará en directo “Leyendas”, o seu último disco en que homenaxea á música iberoamericana. Seguiranlle o 22 de xullo o arxentino Duki, actualmente principal estandarte do trap no seu país, que estará acompañado no escenario polos alicantinos Funzo & Baby Loud, que están arrasando co seu pop urbano e temas que xa son himnos como “Joven para siempre”. O 3 de agosto, un referente como Iván Ferreiro repasará a súa longa traxectoria nunha noite en que Viva Suecia farán as delicias das e dos espectadores máis indies. Hombres G farán rodar o 4 de agosto clásicos do pop e o ciclo pecharase cunha lenda do rap como Kase.O, que celebrará o día 5 os dez anos do seu “Jazz Magnetism”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies