20/10/2025

ButacaZero chega a Arteixo para celebrar o Día Mundial do teatro.

ButacaZero celebrará o Día Mundial do Teatro sobre as táboas. A plataforma creativa dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira levará 32m2, o seu novo espectáculo, a Arteixo esta fin de semana. A cita terá lugar a partir das 20.00 horas no Auditorio do Centro Cívico Cultural. 

O proxecto, unha peza de teatro absurdo sobre o encerro da pasada primavera, propón unha viaxe cara un pasado recente a través de cuestións como a soidade, o abandono, as complexidades das relacións interpersoais ou o estrés e o os ritmos frenéticos impostos na “vella normalidade”.

Esta traxicomedia sobre o confinamento, que conta cunha banda sonora orixinal creada polo músico Rodrigo Cuevas, nace coa vontade de ofrecer unha ollada singular, reflexiva e “sandadora” ante unha situación que marcou a vida de toda unha sociedade. A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m2 pon o foco sobre a convivencia da sociedade coa precariedade e as desigualdades na súa vida cotiá a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies