12.6 C
A Coruña
martes 26 septiembre 2023
InicioSociedadA área metropolitana, unha conta pendente para o goberno socialista.

A área metropolitana, unha conta pendente para o goberno socialista.

O Pleno do Concello puxo en marcha o procedemento para a constitución da Área Metropolitana en outubro de 2019. Nese momento ficaba establecida como tarefa principal a encomenda a unha comisión especial da elaboración dun anteproxecto.

20 meses despois, e ante a constatación de que non se dera ningún paso nesa dirección, o BNG levou unha moción ao Pleno para o acordo de outubro se pór en marcha. Foi aprobada, pero as cousas non mudaron e a inacción continuou a ser a nota dominante.

Finalmente, como é coñecido, en agosto deste ano Goberno Local e Marea Atlántica anunciaban o seu acordo, sen que iso se traducise tampouco en ningún resultado concreto, o que moveu o BNG a formular esta pregunta oral.

Tampouco abonda coa elaboración do anteproxecto. Fai falta tamén dialogar cos concellos da comarca, diálogo que a xuízo do BNG brilla pola súa ausencia, como se está a demostrar tamén coa situación creada arredor de Nostián, con alcaldes do Consorcio das Mariñas a advertiren da hipótese de lle entregar o lixo a Sogama se continuar a demora e non se resolveren os problemas da planta.

Teño que recoñecerlle, señor Jorquera, que non sempre se cumpren os prazos e que nós non somos perfectos. Non fomos tan rápidos como gostaríamos”, respondeu o voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage.

O voceiro do Goberno Local mostrou a súa convicción –“aínda que vostede sexa escéptico”, díxolle a Jorquera- de que “será neste mandato cando seremos capaces de pór sobre a mesa un proxecto co que vostedes tamén se poderán sentir identificados”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies