13.9 C
A Coruña
miércoles 6 noviembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesA cidade, protagonista do 25º aniversario do Rally da Coruña

A cidade, protagonista do 25º aniversario do Rally da Coruña

A concelleira de Deportes: “A Coruña é un referente na cultura deportiva e tras este gran parón que supuxo a pandemia, regresamos con novos retos e probas, con iniciativas que fomentan a afección”

A Coruña 25 de maio de 2021.- A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participou esta mañá na presentación da XXV edición do Rally da Coruña que terá lugar os días 28, 29 e 30 de maio. A proba reunirá un total de 153 pilotos, récord de participación e con 3 persoas aspirantes ao título Víctor Senra, Iago Caamaño e Alberto Meira. A cita automobilística, organizada pola escuadra One Seven, é o arranque do Campionato Galego.

A responsable de Deportes destacou as ganas de asfalto e competición que se viven na cidade cunha proba que retorna despois dun ano moi complicado. Martínez apuntou que o rally discorrerá de novo por chan herculino cun esquema renovado. A cidade será de novo a protagonista e a proba contará cun novo percorrido. “Un dos atractivos desta proba é sen dúbida a recuperación dun treito urbano, que percorrerá case 3 quilómetros pola zona do parque de Bens. Este será o treito co que remate a carreira, e oxalá sexa decisivo para aumentar a emoción da proba”, confirmou.

A Coruña é, dixo, un referente na cultura deportiva e tras este gran parón que supuxo a pandemia, regresamos con novos retos e probas, con iniciativas que fomenten a afección: “sabemos que moitas coruñesas e moitos coruñeses agardan con ilusión esta data. Os/as pilotos/as, a organización e o Concello aínda máis porque o feito de que se poida celebrar confírmanos que nos estamos a recuperar pouco a pouco”.

Martínez subliñou a repercusión que teñen os rallys na nosa comunidade e o público que moven. “As ganas de carreiras non son só para as e so pilotos, tamén para a afección e, por iso, desde o Concello non deixaremos de apoiar todas as prácticas deportivas. pero nesta ocasión pedimos encarecidamente responsabilidade”, sinalou.

E lembrou que, tal e como sinalou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, aínda que a situación mellora, non se pode esquecer que estamos en pandemia e con moitas restricións. “Cremos que a saúde é o máis importante porque é un elemento determinante da calidade de vida polo que pedimos moita prudencia para evitar aglomeracións”, dixo a concelleira.

Por último, a concelleira animou a cidadanía a situarse na liña de saída “xa que de aquí en diante quédannos moitas citas deportivas que disputar. A Coruña respira deporte e este venres toca gozar, iso si, con sentidiño”.

Pola súa banda, o responsable da escuadra One Seven, Álvaro Muñiz, agradeceulle ao Concello o seu apoio e asegurou que durante a proba se tomarán todas as medidas para garantir a seguridade. Muñiz confirmou que nos vindeiros días se fará público o acto simbólico que substituirá a tradicional saída no Parrote.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies