12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioUrbanismoA comisión de traballo do Porto avanza de cara a acordar un...

A comisión de traballo do Porto avanza de cara a acordar un novo protocolo e abrir o peirao de Batería á cidadanía

As propostas presentadas hoxe polo Goberno local tratan de evitar calquera tipo de especulación sobre os terreos portuarios e ferroviarios e blindar así a titularidade pública destes espazos.

O Concello presentou hoxe na comisión de traballo do Porto as súas propostas para avanzar na definición do futuro da fachada marítima. En concreto, presentou a súa proposta de convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria da Coruña para a adecuación e humanización dos terreos ocupados polo peirao de Batería e tamén o proxecto de protocolo para a reordenación do espazo portuario interior da Coruña.

Canto ao proxecto do novo protocolo, propón a creación dun ente público participado polo resto de administracións competentes e tamén a elaboración dun Plan Director que estableza os diferentes usos e nas distintas zonas en virtude da súa natureza. O Concello participaría na adquisición dos terreos da zona 1 nun 75% do seu valor de tasación a través de aportacións periódicas anuais no período entre 2021 e 2035 e o resto de administracións participantes adquiriría o 25% restante. Isto garantiría unha mellor perspectiva para o futuro do Porto.

No caso do convenio, a proposta ten como obxectivo garantir o acondicionamento
do peirao de Batería para a súa inminente apertura á cidade.

O balance que fai o Goberno local desta comisión é positiva ao darse moitos puntos de encontro durante o groso da reunión. De feito, tanto Portos do Estado como Adif aseguraron compartir ao termo da xuntanza o esquema xeral sen prexuízo de seguiren estudando a proposta para a súa concreción final. Todas as administracións fixaron xa a vindeira data para a seguinte comisión de traballo, que terá lugar o 28 de xullo e na que se seguirán dando pasos para posibilitar un acordo que faga realidade o futuro desenvolvemento da fachada marítima.

Ao termo desta reunión, o Goberno local lembrou que o seu obxectivo é blindar a titularidade pública dos terreos portuarios e ferroviarios e por outra banda conveniar coa Xunta e a Autoridade Portuaria o máis axiña posible a mellora da urbanización do peirao de Batería co fin de poñelo á disposición da cidadanía canto antes.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies