12.2 C
A Coruña
viernes 26 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioUrbanismoO Concello abre unha enquisa de participación cidadá para planificar a rexeneración...

O Concello abre unha enquisa de participación cidadá para planificar a rexeneración urbana do Barrio das Flores

Desde a Oficina municipal de Rehabilitación e Vivenda solicitan a colaboración das veciñas e veciños do barrio nesta fase de análise e diagnose do Plan Director de Rehabilitación Integrada das Flores

O Goberno local está a impulsar o Plan Director de Rehabilitación Integrada das Flores, unha ferramenta para a rexeneración urbana do barrio que planificará accións de mellora na contorna urbana, espazo público, vivendas e equipamentos e servizos. Actualmente, o plan atópase en fase de análise e diagnose, motivo polo que desde a Oficina municipal de Rehabilitación e Vivenda piden colaboración a través dunha enquisa de participación cidadá que pretende incorporar os hábitos, percepcións e coñecementos que teñen as e os veciños do Barrio das Flores. Trátase de coñecer que valoración fai a poboación dos espazos públicos do barrio e do estado das edificacións, así como as melloras que consideran que deberían introducirse. Responder a este cuestionario (dispoñible na seguinte ligazón https://www.coruna.gal/vivenda/gl/pd-barrio-flores/enquisa-cidada, non debería levar máis de 10 minutos.

O concelleiro de Vivenda, Juan Díaz Villoslada, sinalou que “a participación cidadá
desprégase ao longo de todo o proceso de construción deste plan director”. O
obxectivo do Goberno de Inés Rey, explicou, é integrar as necesidades e demandas
veciñais no proceso de diagnose pero tamén validar os traballos técnicos realizados
na definición das estratexias e actuacións, así como a valoración das propostas e a
priorización das accións.

O plan director é un instrumento tanto estratéxico como de traballo executivo que
guía as futuras intervencións de mellora urbana do barrio. O obxectivo é crear un
modelo de cidade máis sostible e eficiente, máis inclusivo e máis amable cos seus
habitantes. Estes principios están aliñados co modelo e procesos da Estratexia
Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible EIDUS Coruña, así como cos
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda Urbana 2030 impulsada polas
Nacións Unidas.

Ademais, o Concello constituíu o grupo impulsor para este plan director, unha figura
de participación que forma parte do seu proceso de elaboración, nas que forman
parte todas as asociacións e entidades que conforman o tecido asociativo do Barrio
das Flores. Aquí están incluídos os colectivos e plataformas veciñais, así como as
asociacións sociosanitarias, culturais e deportivas con sede na zona.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies