12.6 C
A Coruña
lunes 25 septiembre 2023
InicioUrbanismoCosta da Unión, Nicaragua e o tramo que cruza con Pla y...

Costa da Unión, Nicaragua e o tramo que cruza con Pla y Cancela inverterán o sentido no día de hoxe

Os traballos para o cambio de sentido no tráfico comezan este xoves ás 9.00 h

Mañá procederase ao cambio de sentido na circulación da rúa Costa da Unión, rúa Nicaragua e o tramo que cruza coa rúa Pla y Cancela co fin de mellorar a seguridade na zona, facilitar o paso dos buses urbanos. Este cambio evitará que os automóbiles, en especial os buses, teñan que facer complexas manobras e “serpear” para pasar da Costa da Unión a Marcial de Adalid.

Deste xeito, a rúa Costa da Unión pasa a ser de subida e a rúa Nicaragua de baixada, de xeito que os vehículos poderán enlazar directamente con Marcial del Adalid e Linares Rivas. Os traballos de sinalización destas vías, a reprogramación semafórica e todo o relativo ao cambio de sentido da circulación comezarán este xoves a partir das 9.00 h e estenderanse até o mediodía.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies