13.9 C
A Coruña
lunes 2 diciembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioDeportesA Corporación homenaxea os xuvenís do Deportivo por lograr a Copa de...

A Corporación homenaxea os xuvenís do Deportivo por lograr a Copa de Campións

A alcaldesa, Inés Rey: “A cidade volveu celebrar un título. Onte o corazón branquiazul volveu latexar con forza. As nosas cores volveron ondear na cidade e o Deportivismo volveu gozar dunha gran tarde de fútbol, a gozar do voso talento”

A alcaldesa, Inés Rey, xunto á Corporación municipal, recibiu esta tarde no salón de plenos de María Pita o equipo xuvenil do Deportivo tras gañar onte a Copa de Campións. A rexedora felicitounos polo título acadado e sinalou que escribiran un capítulo importantísimo da historia do Depor: “A cidade volveu celebrar un título. Onte o corazón branquiazul volveu latexar con forza. As nosas cores volveron ondear na cidade e o Deportivismo volveu gozar dunha gran tarde de fútbol, a gozar do voso talento”.

Rey, en nome da Corporación, expresoulles o seu orgullo “non só de que lográsedes a Copa de campións, 25 anos despois da fazaña de 1996, senón de como o fixestes: como un gran equipo, con personalidade, aproveitando as vosas virtudes, convencidos de que o título sería voso”.

A alcaldesa subliñou a enorme satisfacción de que o ano que vén o equipo leve o nome da Coruña e de Galicia de novo a Europa na Youth League, “de que un equipo do Deportivo compita cos clubs máis importantes do continente”.

Felicitou o adestrador Óscar Gilsanz, o seu equipo, e os responsables das categorías bases do Real Club Deportivo porque, resaltou, a vitoria do equipo é froito do seu talento, pero non o é menos da estrutura do club e o traballo feito desde a base por potenciar os valores do deportivismo que sempre deron tan bos resultados: “Sodes un equipo que nace da canteira, resultado do traballo de moita xente. Da súa ilusión e da súa aposta polo talento local”, dixo. Tamén quixo destacar o labor das familias, “sempre a voso carón, correndo de aquí para alá; o voso triunfo tamén é froito da súa dedicación”.

E, por último, animounos a seguir traballando, a perseguir os seus soños. “O talento, sen dúbida, está aí, pero todos sabemos que o camiño é longo e necesita de esforzo, constancia e moito sacrificio. Deséxovos que vos poidades seguir formando como profesionais e chegar a ser xogadores de elite no noso Dépor”, rematou.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies