12.2 C
A Coruña
sábado 20 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesA Coruña acolle esta fin de semana o Campionato de España de...

A Coruña acolle esta fin de semana o Campionato de España de vela de J70

O tenente de alcaldesa e a concelleira de Deportes asistiron á presentación do Trofeo Mar de Maeloc que situará a cidade no epicentro do deporte náutico.

A praza de María Pita foi escenario hoxe da presentación do Campionato de España da clase J70, que se realizará en augas coruñesas desde o venres até o domingo organizado por Mariña Coruña e o Real Club Náutico, e que será selectivo para poder participar no Campionato de Europa e no Campionato de Mundo. No acto estiveron presentes o tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o regatista e presidente do comité organizador, Chuny Bermúdez de Castro, o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Pardo e persoas representantes das entidades organizadoras e patrocinadoras do evento.

A concelleira de Deportes manifestou a intención do Goberno de Inés Rey de que A Coruña se converta nun referente para o deporte náutico e animou a veciñanza a gozar dunha cita que reúne na cidade a gran parte das mellores tripulacións da vela pesada española, xa que a proba conta con representantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Valencia, Murcia, Baleares, Canarias e Madrid; e tamén navegantes de Portugal, México e Arxentina.

“A Coruña será pois referente da vela de alta competición esta fin de semana. A vela en particular, e os deportes náuticos en xeral, son para o Goberno da nosa alcaldesa, Inés Rey, un investimento de cidade, un compromiso para que a veciñanza da Coruña, e especialmente a xente máis nova, viva de cara ao noso pavillón azul, aquel que nos brinda un océano de oportunidades que están ao alcance da nosa man e da nosa mirada. Temos o deber de volver a cara ao mar, como cidade mariñeira que somos”, dixo Martínez. E lembrou que nos meses de xullo, agosto e setembro a Concellería de Deportes porá en marcha por vez primeira o programa Coruña no mar. Serán cursos de iniciación e perfeccionamento de distintas actividades náuticas para que a cidadanía sexa protagonista activa no coñecemento e respecto ao mar.

O tenente de alcaldesa deulles a benvida á cidade a todas as persoas participantes e destacou que o evento deportivo “é unha oportunidade para que a Coruña se converta nun referente na práctica dos deportes náuticos”.

Pola súa banda, o regatista e presidente do comité organizador, Chuny Bermúdez de Castro, expresou a súa satisfacción de que sexa a súa cidade a anfitrioa do campionato e animou a todas as coruñesas e coruñeses a gozar dunha regata que “é a mellor maneira de promocionar a nosa costa, o sector náutico, é unha cidade que se vende por si sola”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies