12.2 C
A Coruña
sábado 20 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadA Coruña volverá a celebrar a súa Semana da Prevención

A Coruña volverá a celebrar a súa Semana da Prevención

Tras a pausa obrigada do 2020 por mor da situación sanitaria, o corpo de Bombeiros municipal retoma estas actividades que promoven a Fundación Mapfre e o Concello.

A praza de María Pita será o escenario onde se desenvolvan estes actos os días 4 e 5 de novembro. O principal obxectivo da Semana da Prevención é trasladar ás coruñesas e aos coruñeses unha serie de coñecementos de autoprotección para que sexan capaces de identificar os riscos que pode presentar o entorno máis inmediato en caso de incendio.

Trátase da edición número 16 destas xornadas formativas que teñen tamén un gran compoñente lúdico para os máis pequenos. Crearase de novo o Parque da Prevención en María Pita, onde haberá un inchable xigante que reproduce unha vivenda de varias habitacións, onde persoas de todas as idades poderán recibir indicacións de como evacuar unha casa sen visibilidade e con risco de intoxicación. Simularase o efecto do fume para que sexa máis realista.

Por outro lado, esta Semana da Prevención fará moito fincapé no uso e utilidade que ten o detector de fumes. Os datos din que un 70% das mortes en incendios en incendios prodúcense por inhalación de gases. Os técnicos concienciarán aos participantes sobre o uso do detector e o importante que é para salvar vidas.

Polas mañás haberá visitas de escolares, que participarán en diferentes obradoiros sobre a prevención e seguridade contra incendios na escola, a evacuación do centro escolar, o manexo de extintores, os sinais de emerxencia ou a orientación e mobilidade en recintos pechados. Polas tardes haberá xornadas formativas con obradoiros para todos os públicos sobre incendios domésticos, sinistros de tráfico, dispositivos de retención infantil ou prácticas de RCP. Haberá tamén unha exposición de material e un punto de atención a todas as persoas que se acheguen a María Pita que queiran visitar a exposición.

ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies