13.9 C
A Coruña
viernes 4 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadA plataforma "Os Mallos Unidos" convoca unha concentración en María Pita

A plataforma «Os Mallos Unidos» convoca unha concentración en María Pita

A plataforma, apoiada por outras 7 asociacións de veciños, convoca unha concentración para denunciar os diferentes problemas que sufren os barrios da Coruña

No comunicado presentado pola Plataforma Os Mallos Unidos fan referencia a promesas incumpridas como a presencia dunha policía comunitaria que segundo indican «nunca chegaron a ver patrullar nin de paisano».

entre os problemas aos que fan referencia destacan 5 puntos:

OKUPACIÓN: Que as palabras do Concelleiro Lage Tuñas no pleno e as da propia alcaldesa, Inés Rey, para a radio sobre a okupación: «imos ser implacables contra a okupación«, «imos ter tolerancia cero coa okupación» empecen a ser feitos e non só palabras. Comprendemos que é un tema complicado pero levamos moito tempo denunciando esta situación sen ver nin un ápice de solventar o tema. Somos os veciños os que, unha vez máis, vimos de frustrar hai menos de dez días unha nova okupación na Avda. dos Mallos.

DELINCUENCIA: Os hurtos e intentos de hurtos, de novo frustrados en moitas ocasións pola colaboración entre veciños, suceden todas as semanas. Sabemos que o aumento de delincuencia non se sinte só no noso barrio, e por iso desta vez non nos manifestaremos sos; como explicaremos máis adiante. Non temos «sensacións de inseguridade«, vivimos inseguros de forma real. Non entendemos como nós podemos aportar datos que nos pasan os veciños ou vivimos en primeira persoa todas as semanas nas redes sociais, e que, por exemplo, o Subdelegado do Governo en Galicia José Miñones teña o atrevemento de dicir que temos unha «perspectiva subxectiva da perigosidade»  das nosas rúas baseado nas cifras.

AUMENTO DO TRÁFICO DE DROGAS, NARCOPISOS E CONSUMO EN VÍA PÚBLICA. O trapicheo no barrio dos Mallos volveuse tan normal como ir mercar unha barra de pan. Todos os veciños sabemos onde se producen as ventas, moitas veces na propia rúa, soportais, trasteiros, galerías e por suposto, en moitos dos inmobles okupados por xente ben organizada que montan neles os «seus negocios» de compra-venda por onde discurre xente de todo tipo a diferentes horas do día na busca do menudeo.

ILUMINACIÓN ESCASA E DEFICIENTE: Levamos esperando unha mellora no barrio que ía ser acometida en xaneiro de 2021 e que, chegando xa a finais do ano segue sen se ter feito nada. Pedimos máis intensidade lumínica, luces brancas e non amarelas, sostibles para coidar o medio pero que á vez den a luz necesaria para poder ver ao pasar polas rúas.

LIMPEZA E SERVIZOS BÁSICOS DE MANTEMENTO: Hai moitos meses, anos, que non vemos pasar os camións de limpeza de rúas e beirarrúas, baldeado, limpeza de contedores. Moitas veces, os delincuentes e certos okupas fan as súas necesidades nas rúas. Como dicíamos antes, os drogodependentes non só limpan os seus utensilios nas fontes públicas senón que deixan tiradas xiringas usadas en diferentes puntos do barrio. A vexetación invade as rúas e non vemos mantemento en zonas de tránsito.

Esta concentración ven apoiada por estas 7 asociacións veciñais

  • Asociación de Veciños da Cidade Vella «María Pita»
  • Asociación de Vecinos Gaiteira – Fátima
  • Asociación de Vecinos Ensenada del Orzán
  • Asociación de Veciños Loureiro de Visma
  • Asociación de Vecinos y Comerciantes Los Rosales
  • Asociación de Vecinos de Matogrande
  • Asociación Vecinal Elviña 2 Fases.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies