12.6 C
A Coruña
viernes 2 diciembre 2022
InicioSociedadA Policía Local identifica o condutor que se deu á fuga tras...

A Policía Local identifica o condutor que se deu á fuga tras atropelar a un home na Rolda de Outeiro

Os axentes identificaron o condutor e abriron dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito

A Policía Local logrou identificar o condutor do vehículo que se deu á fuga tras atropelar a unha persoa na Rolda de Outeiro.

Tras o visionado das cámaras da zona comezaron as pescudas que finalizaron onte coa identificación do vehículo, un Peugeot de cor dourada que presentaba un forte impacto no parabrisas, e que estaba estacionado no barrio de Monte Alto. Os axentes identificaron o condutor e abriron dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito.

O vehículo atropelou ao home á altura do número 274 da Rolda de Outeiro, nas inmediacións do cruzamento coa rúa vila de Negreira, en sentido baixada, cando se dispoñía a cruzar a vía polo paso de peóns. O home ten unha forte contusión craneoencefálica e o seu prognóstico é reservado. Nestes momentos continúa ingresado no hospital Universitario.

ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies