13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadPreto de 400 coruñesas e coruñeses atoparon traballo grazas ao proxecto municipal...

Preto de 400 coruñesas e coruñeses atoparon traballo grazas ao proxecto municipal Coruña Suma

O programa comezará en setembro 14 novos itinerarios para reorientar ás persoas participantes naquelas actividades con maior demanda

Un total de 375 persoas adscritas ao proxecto municipal Coruña Suma encontraron este ano traballo grazas aos 33 itinerarios formativos organizados polo Concello. Das 375, 157 son homes e 218, mulleres, o que supón o 58% do conxunto de inscritos/as. Cun investimento de máis de 936.000 euros, o programa reorientou ás usuarias e usuarios naqueles sectores que contan cunha maior demanda segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego, nesa máxima do Goberno de Inés Rey por crear emprego na cidade. A aposta da alcaldesa radica nunha formación especializada da cidadanía que derive na súa inserción laboral e en postos de traballos estables.

Deste xeito, pese aos efectos negativos da pandemia tanto na formación como nas posteriores prácticas, as persoas participantes en Coruña Suma especializáronse en especialidades como actividades de almacén, técnicas de limpeza e desinfección hospitalaria, hixiene xeral na industria alimentaria, carnizaría, nutrición en xeriatría, xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías ou elaboración culinaria. Do conxunto de opcións, 33 itinerarios concluíron nesta edición, mais outros dez seguen adiante. Entre eles, destaca o socorrismo en espazos acuáticos naturais, atención sociosanitaria, actividades auxiliares de comercio, nutrición ou alteracións dexenerativas, demencias e Alzheimer.

O Concello ten previsto iniciar en setembro outros 14 itinerarios máis, o que fará un
total de 57 en desenvolvemento ao longo do 2021
. As novas e novos inscritos
poderanse formar en actividades relacionadas co sector servizos como carnizaría,
comercio, lecer e tempo libre ou vencelladas á asistencia sociosanitaria como
nutrición en xeriatría e atención a persoas en institucións sociais ou a enfermas/os
de Alzheimer. Tamén inclúen outras como xestión de arquivos, programación
orientada a obxectos con JAVA, rexistros contables, actividades de lecer e tempo
libre, socorrismo ou servizo básico de restaurante e bar.

Servizo Municipal de Emprego

Por outra banda, e seguindo na dinámica de cursos que se ofrecen desde o Servizo
Municipal de Emprego, retómanse as accións formativas para persoas
desempregadas cun total de 12 formacións até o remate do 2021, con 145 prazas
e unha duración de 2.019 horas. Os cursos serán os habituais: prevención de riscos laborais na construción, soldadura, lectura e interpretación de planos, traballos de carpintería e mobles, preparación de entrevistas de traballo, pintura decorativa e
industrial na construción, carretilla elevadora de carga de persoas e plataformas,
actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería ou marca persoal e redes
sociais. Máis información en: https://www.coruna.gal/emprego/gl

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies