12.6 C
A Coruña
viernes 29 marzo 2024
A Coruña
algo de nubes
12.6 ° C
13.3 °
11.1 °
82 %
5.1kmh
20 %
Mar
14 °
Mié
16 °
Jue
18 °
Vie
15 °
Sáb
12 °
spot_imgspot_img
InicioUrbanismoConcello e CITIC colaboran para deseñar un mapa de Zonas de Baixas...

Concello e CITIC colaboran para deseñar un mapa de Zonas de Baixas Emisións na cidade

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, anunciou que tamén se porá en marcha un centro de xestión da mobilidade

concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, anunciou esta mañá que o Concello e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, CITIC, traballarán conxuntamente no deseño, desenvolvemento e implantación de Zonas de Baixas Emisións, ZBE, e na dixitalización da mobilidade da cidade. Para iso, o concelleiro asinou unha declaración de intencións co director do CITIC , Manuel González Penedo, nun acto que tivo lugar no centro de investigación no campus de Elviña. Ambos os proxectos serán presentados para optar aos fondos Next Generation.

“O obxectivo do Goberno de Inés Rey é pór en marcha un proxecto integrador e global que abarcará todos os procesos para xestionar, impulsar e acelerar a transición cara a unha mobilidade sostible segura inherente á instauración da Cidade 30 como marco urbano en que se poidan cumprir cos obxectivos do desenvolvemento sostible”, dixo o edil, que lembrou que os cambios nas velocidades nas vías urbanas e travesías teñen como obxectivo acadar unha mobilidade máis saudable e sostible, xa que permiten mellorar a calidade do aire ao emitirse menos gases.

Villoslada sinalou que a dixitalización dos sistemas de xestión do tráfico e a
aplicación das últimas tecnoloxías permitirá que a mobilidade das persoas e as
mercadorías sexa máis eficiente. Crearase un novo centro de xestión da mobilidade en que integrar dixitalmente todos os procesos. Con isto, apuntou, búscase saber como se utiliza o espazo público, a carga e descarga, os túneles ou o ciclo semafórico. Ademais, queremos pór en marcha un plan de establecemento de
Zonas de Baixas Emisións para cumprir as directrices que marcarán a nova lei de
cambio climático.

Pola súa banda, o director do CITIC, Manuel González Penedo, apuntou que dende
o CITIC están a disposición do Concello, así como de toda a cidadanía, para poñer
ao alcance da sociedade as nosas capacidades. “Esta é unha grande oportunidade
para contribuír dende o CITIC, como socio tecnolóxico do Concello, a situar A
Coruña como unha cidade máis verde e dixital
, achegando a nosa experiencia no
ámbito da intelixencia artificial”, dixo.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies