12.6 C
A Coruña
miércoles 17 agosto 2022
InicioSociedadConcello e Deputación ratifican o convenio de colaboración na Casa de Acollida...

Concello e Deputación ratifican o convenio de colaboración na Casa de Acollida e nos pisos de transición para as vítimas de violencia de xénero.

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron a prórroga do acordo polo que o organismo provincial apoia con 120.000 euros o mantemento deste servizo.

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron un convenio de colaboración, polo que este organismo provincial cofinancia con 120.000 euros a Casa de Acollida e os dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma para mulleres que sofren violencia de xénero no Concello da Coruña. En concreto, esta partida irá destinada aos gastos de mantemento das tres infraestruturas. Para a rexedora, a cooperación institucional é fundamental de cara a mellorar a atención da muller, unha prioridade do Goberno local. Rey destacou a asistencia que se lles dá na cidade ás vítimas de violencia de machista desde que entran pola porta da Casa de Acollida soas ou acompañadas das persoas que teñen ao seu cargo até que pasan por un período de adaptación nos pisos co fin de lograr a inclusión social.

Con esta achega, a Deputación colaborará cos gastos de persoal e correntes, entre os que se inclúen produtos alimenticios, farmacéuticos, roupa ou axudas ao transporte, entre outros.

A Casa de Acollida da Coruña e os dous pisos pertencen á Rede Galega de
Acollemento e supoñen un recurso de estadía temporal, atención e recuperación
para as mulleres vítimas da violencia doméstica, así como para os e as menores ao
seu cargo. Neste espazo, reciben apoio, información e asesoramento en materia
social, xurídica e psicolóxica, así como unha orientación para a súa reinserción
laboral. O servizo dá cobertura a un total de 26 mulleres, 15 na casa e once nos
pisos.

Pola súa parte, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, sinalou a
importancia de fortalecer estes servizos esenciais para afrontar a situación que xera
esta lacra social da violencia de xénero.

Ao acto tamén asistiron a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, e a deputada María
Muíño.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies