13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioUrbanismoConcello e UDC colaboran na posta en marcha de dúas actuacións urbanísticas...

Concello e UDC colaboran na posta en marcha de dúas actuacións urbanísticas no ámbito dos campus universitarios

Levaranse a cabo obras de mellora da accesibilidade na contorna do edificio Normal e labores de urbanización da zona da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da Facultade de Ciencias

O Concello e a Universidade da Coruña colaborarán na posta en marcha de dúas actuacións urbanísticas no ámbito dos campus universitarios. O acordo está recollido no incremento dos convenios nominativos aprobado na última sesión plenaria. Levaranse a cabo obras de mellora da accesibilidade na contorna do Espazo de
Intervención Cultural da Universidade, Normal. Os traballos consistirán na reposición do pavimento e o derrubamento do peche do edificio. Esta obra segue o plan de apertura deste campus iniciado coa demolición do peche do CUR e a apertura do xardín á cidadanía. No caso do edificio Normal substituirase o actual peche perimetral por unha ringleira de bancos e arboredo, para humanizar e ofrecer á cidadanía un espazo máis amable.

A esta actuación sumaranse as obras para urbanizar a contorna da Escola Técnica Superior de Arquitectura e a Facultade de Ciencias co fin de garantir unha mellor accesibilidade. Trátase do acondicionamento de infraestruturas viarias do campus de Elviña – Zapateira situadas na rúa Fraga e que se atopan moi deterioradas polo uso. Os traballos realizaranse en dúas fases. A intervención terá lugar no tramo da rúa que vai do campus de Elviña ao campus da Zapateira. Ademais de facer unha reparación integral da vía aproveitarase a obra para incluír un tramo de carril bici que una os dous campus.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que este viario, sobre todo no tramo da praza da Zapateira, “está moi deteriorado polo que é necesaria esta intervención entre as dúas administracións para mellorar o firme e dotar de maior seguridade á zona”. As obras, que teñen un orzamento de 120.000 euros, executaranse no verán para alterar o menos posible o tráfico, no caso do viario de Elviña á Zapateira, e a actividade académica do colexio adxacente ao edificio Normal e garantir a seguridade das persoas usuarias do centro escolar.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies