13.9 C
A Coruña
miércoles 15 enero 2025
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioCulturaConcerto da Orquestra Sinfónica de Galicia o vindeiro venres 30 ...

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia o vindeiro venres 30 na praza de María Pita

O recital, que se celebra no marco do Xacobeo 21-22, inaugurará as Festas de María Pita

A Orquestra Sinfónica de Galicia homenaxeará ao compositor Astor Piazzolla polo seu centenario cun concerto que se celebrará o vindeiro venres 30 ás 22.00 horas, na praza de María Pita.

A colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia fará posible este recital no marco dos eventos de celebración do Xacobeo 21-22. Neste concerto, que será o primeiro da programación das Festas de María Pita, a formación ofreceralle ao público “Piazzolla Sinfónico”, un programa dirixido por Juan José García Caffi no que repasará o repertorio do arxentino cando se cumpren cen anos desde o seu nacemento.

Despois dun ano en que a OSG completou a súa tempada de abono no Coliséum, a agrupación orquestral regresará á súa localización habitual no Pazo da Ópera, onde realizará os ensaios para o concerto deste venres.

Este concerto ao aire libre na praza de María Pita responde a unha das demandas das coruñesas e coruñeses de poder desfrutar de novo da OSG e ao obxectivo do Goberno de Inés Rey de achegar a súa música a todos os públicos. As invitacións para este recital poderán descargarse desde mañá, ás 10.00 horas, a través da páxina corunacultura.sacatuentrada.es.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies