13.9 C
A Coruña
sábado 5 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesMáis dun cento de vehículos competiron na nova edición do Rally Rías...

Máis dun cento de vehículos competiron na nova edición do Rally Rías Altas

Entre o venres e esta xornada de sábado, os pilotos que participaron na proba percorreron un total de 335 quilómetros de distancia ao longo de diversos municipios da área coruñesa

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participaron esta tarde no acto de entrega de premios aos pilotos gañadores do Rally Rías Altas de vehículos históricos, no que competiron un cento de automóbiles.

Esta proba, nacida no ano 2015, é puntuable para o Campionato de España de Rallys para Vehículos Históricos (CERVH). Neste sentido, o Concello da Coruña colabora na organización da carreira, promovida polo Club Rally Rías Altas e que nesta edición, mantendo unha estrutura similar á de anos anteriores, tivo na cidade herculina un dos seus puntos centrais do trazado. Entre o venres e a xornada de hoxe, os pilotos participantes percorreron un total de 335 quilómetros de distancia, dos que 110 foron cronometrados, ao longo de diversos municipios da área coruñesa.

Na entrega de premios, Gonzalo Castro subliñou “a aposta do Goberno de Inés Rey por eventos deportivos de carácter singular como o Rally Rías Altas de vehículos históricos, probas que atraen un numeroso público chegado desde moitos puntos da provincia, así como a profesionais do mundo do motor. Isto tamén supón un retorno para a cidade en clave económica, polo pulo e impacto turístico derivado da celebración da carreira”.

Tras o primeiro día de competición, que tivo lugar este venres con paso polos tramos de Doroña e Paderne, o rally chegou hoxe á súa fin, co percorrido polas especiais de Aranga e Irixoa, paso previo á conclusión da proba con meta na praza de María Pita, nunha xornada marcada polas boas condicións meteorolóxicas.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies