13.9 C
A Coruña
viernes 4 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioCulturaMar de Mares converte un ano máis A Coruña na capital mundial...

Mar de Mares converte un ano máis A Coruña na capital mundial dos océanos

O tenente de alcaldesa participou esta mañá no acto inaugural da 8.ª edición do festival que desde hoxe e até o domingo ofrece unha ampla programación de actividades centradas no mar

O Festival Mar de Mares converte un ano máis á Coruña na capital mundial dos océanos coa celebración da súa 8.ª edición. O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, destacou esta mañá no acto inaugural da 8.ª edición do Festival Mar de Mares “a necesidade de reflexionar unha vez máis sobre o futuro dos océanos”.

Borrego defendeu o papel e a responsabilidade das administracións na aposta pola mellora da eficiencia enerxética, no impulso da economía circular e na redución das emisións. No caso dos concellos, sinalou, “con políticas como as que levamos a cabo desde o Goberno local que encabeza a nosa alcaldesa Inés Rey, apostando por unha mobilidade sostible”.

A inauguración desenvolveuse na Dársena coruñesa e a continuación do acto inaugural realizouse unha visita pola mostra exterior “El agua de la vida” do biólogo mariño e documentalista de National Geographic, Manu San Félix, que pretende demostrar que preservar é a mellor forma de coidar.

Arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendemento, todos os sectores e axentes da cidade unen forzas para facer deste festival un evento único por e para o océano.

“Sen dúbida, nesta cidade o mar o é todo para nós. É o noso fogar, quen nos envolve. É parte esencial da nosa tradición, o noso descanso, o noso espazo de ocio, a porta de entrada a moitos dos nosos visitantes e tamén fonte da nosa industria”, apuntou Juan Ignacio Borrego durante a súa intervención. Lembrou que “sobran razóns para nos preocupar polo seu estado, polo seu mantemento e polo seu futuro”.


O Mar de Mares comezou esta mañá, ben cedo, cunha visita á lonxa coruñesa co fin de coñecer máis de preto os segredos da poxa do peixe que chega ao porto da Coruña a diario. A escritora e aventureira Bárbara Veiga estivo tamén esta mañá con estudantes para lles contar o seu traballo en defensa dos océanos. E a partir das 7 da tarde, a Domus acollerá hoxe un encontro inspirador co explorador de National Geographic, Manu San Félix, que compartirá as súas experiencias coas persoas asistentes. O resto da programación pódese consultar no portal web do festival: https://festivalmardemares.org/.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies