12.6 C
A Coruña
lunes 25 septiembre 2023
InicioCulturaO Concello abre até o 26 de outubro o prazo para solicitar...

O Concello abre até o 26 de outubro o prazo para solicitar os Locais de Ensaio

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que o Goberno ten un compromiso firme coas alternativas de ocio saudables para a mocidade

O Concello abre hoxe o prazo para poder optar a unha das 48 quendas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio municipais.

As persoas interesadas poden descargar os impresos na páxina web: www.locaisdensaio.blogspot.com até o 26 de outubro, data en que rematará o prazo ordinario de inscrición. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a se aplicar a partir do 18 de outubro.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que o Goberno que dirixe Inés Rey ten un compromiso firme coas alternativas de ocio saudables para a mocidade: “Búscase achegar e proporcionar alternativas e espazos de ocio e tempo libre que respondan aos intereses e ás inquedanzas da xuventude”.

“Agardando unha volta á normalidade que permita a reactivación do circuíto de salas de concertos, non deixa de ser un bo momento para a creación, definición e melloras de proxectos musicais de xente moza da cidade, co fin de estar listos para presentarse ao público cando a situación actual o permita”, apunta a concelleira.

Situados no Coliséum e contiguos á sala Túnel, estes espazos son un servizo público a disposición da xuventude para que teña localizacións axeitadas onde expresar a súa creatividade, inquedanzas e manifestacións musicais.

O obxectivo desta iniciativa é darlles resposta ás inquedanzas musicais da mocidade e proporcionar os medios necesarios para que a xente nova, ben individualmente ou ben formando grupos, poida contar con espazos perfectamente acondicionados para os seus ensaios.

As salas están destinadas a músicos noveis, tanto en grupo como individualmente, que cumpran cos seguintes requisitos: a metade do grupo debe ser menor de 30 anos e o 50% da agrupación debe acreditar vivir ou cursar estudos actualmente na Coruña.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies