12.6 C
A Coruña
lunes 25 septiembre 2023
InicioCulturaA cantante Aitana abrirá o 23 de outubro a programación de outono...

A cantante Aitana abrirá o 23 de outubro a programación de outono do Coliséum da Coruña

As entradas para o concerto da artista española do momento sairán á venda o luns ás 11.00 h

O próximo 23 de outubro, o Concello da Coruña traerá ao Coliséum o concerto de Aitana, coñecida por participar na novena tempada do programa televisivo Operación Triunfo. A actuación da cantante e compositora española, que presentará a súa xira “11 Razones Tour”, abrirá a programación de outono 2021 do recinto herculino. Será a segunda vez que Aitana visita o multiusos coruñés, despois do seu debut en xullo de 2019 ante 4.000 persoas.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, lembra o éxito dos concertos de Pablo López no Coliséum o pasado mes de xullo, con 1.500 espectadores por día, ao que a Dirección Xeral de Saúde Pública deu a súa aprobación polas súas condicións organizativas. “Tanto a organización do espectáculo como o público contribuíron a posicionar A Coruña como capital da cultura segura”, sinalou Rey.

As entradas poranse á venda o luns, 30 de agosto, ás 11.00 h. en
www.coliseum.sacatuentrada.es, no despacho de tickets da praza de Ourense, en
www.ataquilla.com e na web www.aitanamusic.es con prezos que oscilan entre os
38 e os 48 euros (segundo a zona) máis gastos de distribución.

O concerto contará cunha capacidade máxima reducida, as entradas serán
nominais e o público permanecerá sentado durante todo o espectáculo. Ademais, as
localidades estarán numeradas e ocuparanse respectando a distancia interpersoal
de seguridade.

Desde o Concello anuncian que o resto da programación da tempada outono 2021
do Coliséum irase desvelando durante as vindeiras semanas.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies