13.9 C
A Coruña
miércoles 22 enero 2025
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioCulturaO dispositivo anticovid do Coliséum, referente no noroeste peninsular

O dispositivo anticovid do Coliséum, referente no noroeste peninsular

A situación sanitaria non impediu que algo máis de mil persoas asistiran finalmente a cada un dos concertos que ofreceu Pablo López no Coliséum

A pasada fin de semana o Coliséum acolleu dous concertos de Pablo López, cunha asistencia de máis dun milleiro de persoas, e volveu converterse no estandarte dos grandes directos a cuberto no noroeste da península. A demostración de máxima seguridade e o protocolo anticovid desta pasada fin de semana mereceuse o selo de “concertos seguros” e xa é referente no noroeste peninsular.

Habilitáronse máis de 500 metros de carrís que permitiron un acceso fluído en todo momento. O público achegouse de forma graduada e puido acceder practicamente sen colas aos seus asentos grazas á presenza da Policía Local, que axilizou o acceso rodado, e dos axentes do Corpo Nacional de Policía, que velaron pola seguridade nas diferentes entradas ao multiusos.

As máis de 30 persoas destinadas á seguridade e ao control de accesos, xa no interior do recinto, contaron coa colaboración permanente do público que xa viña coas súas entradas descargadas nos dispositivos móbiles.

Non foi necesario empregar nin a primeira máscara das postas ao dispor do público para atender perdas, roturas ou esquecementos, o que amosa o comportamento exemplar que tivo o público durante ambos os concertos. Incluso, durante as locucións que repasaban as normas de seguridade e pedían a colaboración para seguir dando pasos na reactivación dos eventos musicais escoitáronse aplausos.

Ata o artista colocouse a súa máscara cando no segundo concerto apareceu por sorpresa na zona do público para interpretar o último tema, no que era a despedida musical desta inesquecible fin de semana.

Tanto o dispositivo preventivo de Bombeiros como o servizo sanitario de Cruz Vermella deixaron en branco o parte de incidencias en ambas as citas.

A sala de illamento ante casos sospeitosos de contaxio quedou sen uso e as saídas resultaron exemplares. O público agardou sentado pola súa quenda para evacuar o edificio dunha forma ordenada co fin de garantir en todo momento a distancia de seguridade. Mesmo chegou a ser ovacionado o persoal de acomodación, seguridade e Protección Civil, polo seu labor durante o desaloxo.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies