12.2 C
A Coruña
sábado 20 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioCulturaMarea Atlántica pide acceso aos contratos das festas do Rosario.

Marea Atlántica pide acceso aos contratos das festas do Rosario.

No último Pleno, o PSOE votou a favor de darlle apoio ao sector cultural cunha batería de medidas propostas polo noso grupo. Manter oculta a programación cultural é un mal xeito de cumprir este acordo

O grupo municipal da Marea Atlántica vén de rexistrar unha solicitude de acceso aos contratos asinados polo Concello, tanto artísticos coma doutro tipo, para a organización por sorpresa das festa para a semana do Rosario. O programa coñeceuse de xeito repentino o xoves 7 de outubro tan só unhas horas antes do inicio das actividades. Pediremos explicacións sobre os motivos que levaron a adiar ata o último momento a presentación dos concertos previstos, a través dunha única nota de prensa. 

Indican dende o Grupo Municipal que é moi difícil entender esta renuncia á promoción dun ciclo no que participan Kiko Veneno, Zenet, León Benavente, Cariño e Garufa Blue Devils, ademais das corais e as actividades infantís nos barrios. Non só priva á veciñanza de acceder ás festas, tamén desaproveita a oportunidade de sumar un atractivo turístico nesta fin de semana de ponte. 

Este día 7, mentres se anunciaban atropeladamente as festas do Rosario, o PSOE votaba a favor dunha moción da Marea Atlántica, aprobada por maioría, na que reclamabamos respecto para o sector cultural e o cumprimento das medidas acordadas para apoialo. Non manter oculta a celebración de concertos é un bo xeito de amosar ese apoio que tanto precisa un dos sectores máis castigados pola crise. Agardamos que, como mínimo, o executivo local comece a cumprir as súas promesas e presente, antes de final de ano, o regulamento para un novo Consello Local da Cultura, tal e como se comprometeu co noso grupo, din dende Marea Atlántica. 

Estamos, en todo caso, ante un síntoma máis do caos permanente no que vive a Área de Cultura deste goberno, privada dunha concellería propia por mor das loitas internas do PSOE, e abandonada por quen ten agora as competencias directas, a alcaldesa Inés Rey. O sector merece outra cousa.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies