13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesMaría Pita homenaxea o Supercampión de España

María Pita homenaxea o Supercampión de España

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde no pazo municipal o Deportivo Liceo, tras gañar onte a Supercopa, e destacou que “sodes un dos mellores embaixadores da cidade en España e en Europa”

O pazo de María Pita acolleu esta tarde a recepción oficial ao Deportivo Liceo que onte gañou a súa terceira Supercopa de España fronte ao Barcelona.

A rexedora destacou “o traballo en equipo” que a equipa vén “amosando desde hai moito tempo e que é un gran exemplo para todos nós”, ademais de ser “un dos mellores embaixadores da cidade en España e en Europa”. A Coruña é sinónimo de deporte, apuntou Rey, quen sinalou que desde o Concello seguirase apostando “non só por vós e polo hóckey senón por todos os deportes desta cidade investindo na mellora das instalacións e nos convenios coas entidades deportivas da cidade co fin de potenciar un dos nosos grandes recursos que é o deporte”.

Na recepción tamén participaron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez; e as e os voceiros dos grupos municipais. Antes da rexedora, tomaron a palabra o capitán do Deportivo Liceo, David Torres, e o seu presidente, Daniel Echevarría, que agradeceron o apoio da alcaldesa e da Corporación e auguraron futuros éxitos para o Deportivo Liceo.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies