13.9 C
A Coruña
viernes 4 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadNeira destaca a atención persoal do Observatorio coruñés contra a Legtbifobia

Neira destaca a atención persoal do Observatorio coruñés contra a Legtbifobia

Este punto físico de asistencia na Sagrada Familia é unha das novidades do servizo co que colabora o Concello, en que se lles dá asistencia a todas as persoas do colectivo que se acheguen ao número 68 de Cardenal Cisneros

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou este mediodía o balance de 2020 realizado polo Observatorio Coruñés contra a Legtbifobia xunto ao vicepresidente de ALAS, Carlos Emilio Mella. A edila destacou que o colectivo dispón desde hai meses dun local na Sagrada Familia, na rúa Cardenal Cisneros, 68, desde o que se recibe de forma persoal a toda a veciñanza que necesite atención de calquera tipo.

Neira destacou que neste ano tan duro, “non nos podemos esquecer deste colectivo porque a pesar da igualdade formal, segue sufrindo situacións de discriminación e rexeitamento”. A concelleira recalcou que esa igualdade non se poderá conseguir se non se traballa de maneira conxunta, sociedade civil e administracións, e recordou que o 8% das persoas enquisadas pola Axencia de Dereitos Fundamentais da UE afirmaron recibiren agresións fisicas ou sexuais o pasado ano: “O 20% padeceron algún tipo de discriminación no ámbito laboral”. Neste aspecto, engadiu que os esforzos se deben centrar na xuventude co fin de lle dar a confianza suficiente para que poida levantar a bandeira”.

Pola súa parte, Mella comentou que “séguenos custando chegar ás persoas maiores de 50 anos pola fenda xeracional”, e remarcou que co local físico, poden asistir a toda esa xente que non usa as novas tecnoloxías. Engadiu que unha parteimportante do seu traballo consiste en orientar legalmente e traducirlles a normativa a persoas migrantes, que en moitos dos casos entraron en ERTE durante todo este tempo. Mella afirmou que a vía prioritaria continúa sendo o teléfono e que a principal razón pola que pediron axuda foi a soidade. Explicou tamén que a pandemia lles reduciu o círculo ás persoas LGTBi, polo que moitas tiveron que estar no “armario” as 24 horas e iso supuxo un detrimento da súa saúde mental.

O responsable sinalou que se rexistraron 48 manifestacións de odio a este colectivo en 2020, das que 41 corresponderon a agresións, a maioría na vía pública. Destas, o 48% foron casos de acoso, 21% de insultos, e un 17% foron agresións físicas e verbais. Así mesmo producíronse actos vandálicos na cidade como a destrución de bancos coas cores da bandeira do colectivo: “Desde os colexios indícannos que cando a rapazada sae dos institutos, o acoso segue nas redes sociais e que é una cuestión moi difícil de xestionar”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies