12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioUrbanismoO BNG pide no Parlamento unha copia do informe de Patrimonio sobre...

O BNG pide no Parlamento unha copia do informe de Patrimonio sobre os soares da Maestranza

Patrimonio desestimou o estudo de detalle elaborado polo Concello por considerar que non se realizaran suficientes sondaxes arqueolóxicas e por xulgar que o proxecto construtivo tiña un impacto excesivo na contorna e dificultaba a contemplación da fachada marítima.

Sobre este mesmo asunto versa unha das tres preguntas orais que o BNG fará no Pleno do vindeiro xoves. En concreto, Francisco Jorquera inquire o Goberno Local se vai reconsiderar os seus plans a respecto dos terreos da Maestranza.

O grupo municipal nacionalista defende que eses terreos, cedidos pola cidade ao naquel altura chamado Ministerio da Guerra e unha vez liberados das súas funcións militares, retornen ao patrimonio municipal de forma gratuíta para o seu uso público.

“O Goberno Local ten que atender a demanda veciñal. Necesitamos máis zonas verdes, non máis cemento. E desde logo necesitamos que se respecte o patrimonio histórico da cidade”, afirma Jorquera.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies