13.9 C
A Coruña
martes 3 diciembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioUrbanismoO Concello prolongará as beirarrúas no tramo final da avenida de Oza,...

O Concello prolongará as beirarrúas no tramo final da avenida de Oza, aumentando tamén de 33 a 77 as prazas de aparcamento dispoñibles

As obras permitirán a reurbanización de Casablanca, que gañará espazo peonil no tramo que conecta a rúa Boavista coa avenida da Pasaxe

O Concello intervirá no tramo final da avenida de Oza, que conecta coa avenida da Pasaxe no barrio dos Castros, para prolongar o tramo de beirarrúas existente, que actualmente remata á altura da rúa Boavista, ampliándoo en paralelo ao percorrido do oleoduto.

O proxecto de reurbanización deste ámbito, ideado para incrementar os espazos peonís na contorna, aproveitarase para a reestruturación da área de estacionamento en Casablanca, onde a distribución actual deixa en 33 as prazas dispoñibles. Co novo proxecto municipal, que implicará a disposición dos vehículos en batería, pasarán a ser 77 prazas en total, máis do dobre. Ademais, farase tamén accesible a parada de bus ubicada no número 290 da avenida de Oza.

Esta serie de cambios suporán a supresión dun dos sentidos de circulación da rúa,
mantendo o de saída desde Os Castros ata a conexión coa avenida da Pasaxe.

A actuación prevista enmárcase nas políticas de mellora da mobilidade postas en marcha polo Goberno de Inés Rey, con accións encamiñadas a gañar espazos peonís na cidade que ademais, nalgúns casos, supoñen tamén un aumento no número de prazas de aparcamento ao reducir carrís e trocar estacionamento en liña por estacionamente en batería.

Mellora na mobilidade na avenida da Pasaxe e Casablanca

Esta nova intervención súmase as xa executadas o ano pasado polo Concello da Coruña nas inmediacións de Casablanca. Por orde cronolóxica, a área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade acometeu, en marzo do 2020, obras para a disposición dun aparcadoiro disuasorio baixo o viaduto do porto (cunha inversión de 32.769,10 euros); tamén, en marzo do 2020, melloras para a accesibilidade na parada de autobús na avenida da Pasaxe, 15 (cun investimento de 14.937,16 euros); e, por outra banda, xa en decembro do 2020, a reparación do firme de formigón no paseo de Casablanca (cun investimento de 86.755,23 euros).

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies