13.1 C
A CoruƱa
sƔbado 18 octubre 2025
A CoruƱa
bruma
13.1 ° C
13.8 °
10.4 °
94 %
1.5kmh
11 %
Vie
21 °
SƔb
22 °
Dom
19 °
Lun
18 °
Mar
19 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesO Concello abre a convocatoria para solicitar o uso das instalacións deportivas...

O Concello abre a convocatoria para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais.

As persoas interesadas poderÔn presentar a súa solicitude de xeito
telemƔtico atƩ o vindeiro 22 de xullo.

O Concello acaba de abrir o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria do uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2021/2022. As persoas interesadas poderÔn presentar a súa solicitude de xeito telemÔtico até o videiro 22 de xullo.

Como novidade, nesta tempada Deportes incorpora o pavillón do IES Rafael Puga Ramón aos recintos municipais dispoñibles, tras a firma do convenio coa Deputación da Coruña para a cesión da devandita instalación.

A concelleira de Deportes, Mónica MartĆ­nez, sinalou que ā€œo deporte coruƱƩs creceu moito nos Ćŗltimos anosā€ e explicou que ā€œcoordinar os usos das instalación deportivas Ć© unha tarea arduaā€ aĆ­nda que este ano, serĆ” unha vantaxe a incorporación do pavillón do IES Rafael Puga Ramón.

Como norma xeral distribuiranse horas de luns a venres entre as horas que non estean reservadas pola Concellaría de Deportes para o desenvolvemento das súas Escolas Deportivas Municipais e actividades. En determinadas instalacións poderanse ofertar ademais horas en sÔbados e domingos.

Toda a información estÔ dispoñible no portal web da Concellería de Deportes, na seguinte ligazón: https://bit.ly/3APK8ql

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTƍCULOS RELACIONADOS

SƍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando estÔ dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies