13.9 C
A Coruña
miércoles 22 enero 2025
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioDeportesO Concello abre a convocatoria para solicitar o uso das instalacións deportivas...

O Concello abre a convocatoria para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de xeito
telemático até o vindeiro 22 de xullo.

O Concello acaba de abrir o prazo para presentar as solicitudes da convocatoria do uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2021/2022. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de xeito telemático até o videiro 22 de xullo.

Como novidade, nesta tempada Deportes incorpora o pavillón do IES Rafael Puga Ramón aos recintos municipais dispoñibles, tras a firma do convenio coa Deputación da Coruña para a cesión da devandita instalación.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que “o deporte coruñés creceu moito nos últimos anos” e explicou que “coordinar os usos das instalación deportivas é unha tarea ardua” aínda que este ano, será unha vantaxe a incorporación do pavillón do IES Rafael Puga Ramón.

Como norma xeral distribuiranse horas de luns a venres entre as horas que non estean reservadas pola Concellaría de Deportes para o desenvolvemento das súas Escolas Deportivas Municipais e actividades. En determinadas instalacións poderanse ofertar ademais horas en sábados e domingos.

Toda a información está dispoñible no portal web da Concellería de Deportes, na seguinte ligazón: https://bit.ly/3APK8ql

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies