13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesO Concello continúa a súa aposta pola actividade física na época...

O Concello continúa a súa aposta pola actividade física na época estival con “Coruña en forma”

O programa, de carácter aberto e gratuíto, dá resposta á demanda das persoas usuarias das Escolas Deportivas Municipais que ven suspendida a súa actividade nas instalacións municipais de xullo a setembro

Despois da celebración do Día do deporte na cidade e da posta en marcha do novidoso programa Coruña no mar, a Concellería de Deportes continúa coa súa aposta pola actividade física e recreativa na época estival coa iniciativa “Coruña en forma”, un programa de carácter aberto, aínda que condicionado pola normativa sanitaria, participativo, de balde, sen inscrición nin cita previa e adaptado a todas as idades.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, anunciou a intención do Goberno de Inés Rey de “dar resposta con esta iniciativa á demanda das persoas usuarias das Escolas Deportivas Municipais”, que ven suspendida a súa actividade nas instalacións municipais de xullo a setembro. Sinalou que é unha oferta aberta á cidadanía, coa intención de promocionar a adquisición de hábitos de vida saudables, o abandono do sedentarismo e a ocupación saudable do tempo de lecer.

Coruña en forma conta coa colaboración de Sanbrandán e comeza a funcionar este domingo, 11 de xullo. A intención é ocupar espazos públicos durante os meses de xullo, agosto e setembro e convertelos en instalacións deportivas non convencionais. Así, as actividades físicas moderadas ocuparán parques, rúas, paseos e prazas da cidade, sempre baixo a supervisión de profesionais debidamente formados.

As zonas de actividade son o Barrio das flores, miradoiro do Matadoiro, parque de Vioño, parque Europa, praia de Riazor, área canina do parque de Eirís, pista de patinaxe de Durmideiras, San Andrés e a cidade deportiva A Torre-Arsenio Iglesias. As actividades programadas de luns a venres son ximnasia aeróbica, taichí, zumba, pilates, ioga, marcha nórdica, maiores en forma e tonificación. Como novidade, nesta edición programaranse actividades durante a fin de semana e aproveitarase a peonalización da rúa de San Andrés para levar a ese punto actividades como roller mix en patíns, axilidade canina, rutas nocturnas ou rutas temáticas en patíns e deporte adaptado.

Tamén haberá polo parque escultórico da Torre de Hércules andainas de ida e volta entre Riazor e Bens, Riazor e a Torre de Hércules, San Andrés e O Parrote (pasando pola Torre de Hércules), praza de Ourense e parque de San Diego e a ruta dos tres parques (Torre, San Pedro de Visma e Bens).

A información dos horarios e os lugares de cada actividade pódense consultar na web da Concellería de Deportes: https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/coruna-en-forma

Nesta quinta edición de Coruña en forma será imprescindible contemplar as medidas de seguridade propias da normativa COVID. O número de persoas que poden participar en cada sesión verase condicionado polas medidas de cada momento. Para empezar, limitaranse as zonas de participación a un máximo de 15 persoas máis o monitor ou monitora.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies