13.9 C
A Coruña
miércoles 4 diciembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioSociedadO Concello concede 2.510 bolsas comedor para o vindeiro curso, o...

O Concello concede 2.510 bolsas comedor para o vindeiro curso, o maior número da historia do programa

O Goberno de Inés Rey ampliou a asignación a este programa e destina un total de 2.125.000 euros

O Concello da Coruña concede 2.510 bolsas comedor para o curso 21/22, o maior número da historia do programa municipal: un 12,1% máis que o ano pasado e un 50,3% máis que hai tres anos. Desde esta mañá, aparece publicada na web de Servizos Sociais a lista definitiva en que figuran as concesións de bolsas comedor para o vindeiro curso.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que o período de tramitación desta convocatoria foi o máis curto dos últimos cinco anos, en que se leva tramitando como unha subvención, xa que “é a primeira vez que a lista definitiva sae en agosto”. Neira destacou que “é moi importante que a listaxe saia en agosto xa que a maioría dos comedores realizan o proceso de inscrición este mes”. Este ano empregáronse 77 días hábiles en resolver toda a convocatoria, incluíndo a valoración de solicitudes e a resolución das alegacións, o cal nos dá unha ratio de 44 expedientes por día.

A concellería recibiu un total de 3.390 solicitudes, tamén o maior número da historia, que supón un 6% máis que o ano pasado, e un 55,5% máis que hai tres anos. O Concello concedeu o 74% das solicitudes presentadas. Para facer fronte a este incremento de concesións, o Goberno de Inés Rey ampliou a asignación do programa de bolsas comedor destinando 2.125.000 euros.

Respecto á listaxe definitiva publicada hoxe, o Concello abre un prazo de 10 días hábiles −desde o luns 23 de agosto até o venres 3 de setembro− para aceptar ou rexeitar a bolsa. Yoya Neira explicou que o Executivo local, para lle facilitar a situación á cidadanía, estableceu nesta convocatoria que se considerará aceptada a bolsa por aquelas persoas que non a rexeiten expresamente.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies