12.6 C
A Coruña
martes 26 septiembre 2023
InicioSociedadO Concello destaca o papel das persoas como centro da mobilidade sostible...

O Concello destaca o papel das persoas como centro da mobilidade sostible con motivo do Día Mundial do Peón

O Goberno local anunciou a celebración da Semana Europea da Mobilidade na Coruña, que se desenvolverá do 16 ao 22 de setembro

O Concello da Coruña súmase á conmemoración do Día Mundial Do Peón, unha iniciativa promovida pola OMS que se celebra cada 17 de agosto, e anuncia a Semana Europea da Mobilidade que se desenvolverá do 16 ao 22 de setemb

ro.

Nesta edición da Semana Europea da Mobilidade, o Concello incidirá na seguridade peonil e nos distintos aspectos que permitan conseguir que A Coruña sexa unha cidade máis camiñable. Entre outras accións programadas, no Foro da Mesa da Mobilidade participará Ana Montalbán, coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan, e o arquitecto Mateus Porto, ambos expertos na proxección e divulgación de medidas para adaptar as urbes á mobilidade peonil. Na Semana da Mobilidade tamén se realizará unha marcha a pé das e dos escolares por toda a rolda peonil coruñesa.

O Goberno local destaca a importancia de conmemorar o Día Mundial do Peón xa que, sinalou, “as persoas son o centro da mobilidade sostible”. A rexedora lembrou que a seguridade das e dos viandantes é unha condición imprescindible para intentar mellorar a mobilidade.

O Goberno de Inés Rey, a través do programa Coruña Camiña, está a recuperar espazos de calidade para as persoas, zonas peonís e itinerarios seguros que facilitan os desprazamentos a pe para todas e todos os camiñantes. Desde o inicio do mandato gañáronse máis de 35.000 metros cadrados de espazo peonil e está previsto que se gañen outros 20.000 metros cadrados coas actuacións definitivas previstas en varias zonas da cidade.

A procura da seguridade peonil é un dos piares do plan CoruñaToda30. A redución do número de atropelos e os efectos lesivos nas persoas é o obxectivo principal deste programa que na nosa cidade permitirá dispoñer en todas as vías polo menos dun carril con esa velocidade máxima de circulación. Así, o Concello da Coruña xa ten sinalizados 14 km de vías con limitación de velocidade a 30 km/h. Esta limitación da velocidade máxima tamén permite a coexistencia entre os vechículos motorizados e as bicicletas e os VMP.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies