12.6 C
A Coruña
lunes 25 septiembre 2023
InicioUrbanismoO Concello da Coruña acomete catro actuacións de mellora do firme entre...

O Concello da Coruña acomete catro actuacións de mellora do firme entre Panadeiras e Durmideiras

As intervencións, que comprenden 8.648 metros cadrados de calzada, comezaron o pasado xoves na contorna das Ánimas

O Goberno municipal aborda durante esta segunda quincena do mes de novembro un total de catro obras para mellorar o firme da calzada en outros tantos ámbitos próximos á Cidade Vella, o Castelo de Santo Antón e Durmideiras.

A primeira destas intervencións, nas Ánimas, comprende 1.106 metros cadrados e
tamén implicará o soterramento dun tramo da antiga vía do tranvía. A Concellaría de
Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe Juan Manuel Díaz
Villoslada, puxo en marcha esta actuación o pasado xoves, e continuou durante a
xornada do venres 19, en horario diúrno.

Xa entre hoxe, día 21, e mañá, luns 22, darase continuidade ao proceso de
asfaltado na rúa Maestranza, en 2.460 metros cadrados de calzada. E, posteriormente, os días 23 e 24, a concellaría prevé intervir na rúa Panadeiras, nun
tramo clave para a conexión do centro da cidade co Campo da Leña, noutros 1.953
metros cadrados onde se mellorará o pavimento. Ambas as dúas obras realizaranse
en horario nocturno.

Por último, e xa no tramo final de mes, nos días 29 e 30 de novembro, levarase a
cabo a intervención máis relevante destas catro no referente á superficie total, co
asfaltado de 3.039 metros cadrados de calzada no perímetro de Durmideiras. Será, en particular, na rúa Regata Cutty Sark. Ao igual que nas Ánimas, os traballos executaranse en horario diúrno.

A maiores, a previsión de Infraestruturas é que, con posterioridade a estas catro
obras, se acondicione a rúa San Xoan, tamén nas inmediacións do Campo da Leña;
así como a rúa Newton, no polígono de Agrela.

Continuidade aos traballos xa executados no ano 2020

En novembro do 2020, o Concello destinou un total de 317.000 euros a reparacións
de firme na travesía de Almirante Eulate, no paso peonil Reverendo Álvarez Cabezas, na rotonda das Escravas e na avenida de Bos Aires. Tamén no firme do ámbito dos Cantóns e en Linares Rivas, así como na avenida Alcalde Pérez Ardá, desde Ramón y Cajal até a Rolda de Outeiro.

O compromiso do executivo de Inés Rey coa mellora das infraestruturas municipais,
vixente desde o seu inicio de mandato, ponse de manifesto tamén cos traballos
recentes en puntos como as novas zonas de circulación na avenida de Arteixo.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies