12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioUrbanismoInés Rey comprométese coa hostalería ao mantemento das terrazas nas prazas...

Inés Rey comprométese coa hostalería ao mantemento das terrazas nas prazas de aparcamento

A alcaldesa trasladou aos hostaleiros a vontade do Goberno municipal de aprobar unha modificación da ordenanza que regule a instalación das terrazas

A alcaldesa, Inés Rey, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co sector hostaleiro para darlles a coñecer a decisión do Goberno local de manter as terrazas
nas prazas de aparcamento unha vez superado o estado de emerxencia sanitaria.

O goberno formulará unha modificación da ordenanza de terrazas na que se recolla esta posibilidade, ademais de incorporar criterios de seguridade e estética que deberán cumprir todas as instalacións.

Inés Rey trasladoulles que “o obxectivo do Goberno é favorecer a actividade económica dos establecementos hostaleiros da cidade en condicións de seguridade para facer compatibles as terrazas co paso de viandantes e cuns criterios estéticos que contribúan a mellorar os barrios”.

Así mesmo valorouse a posibilidade de poñer en marcha liñas de axuda ou bonificacións para adaptar os espazos xa existentes aos novos criterios e anuncioulles que o Goberno fará tamén un estudo detallado por zonas para adecuar as terrazas nas áreas peonís.

A alcaldesa recordoulles o compromiso do Goberno co sector, sendo pioneiro na posta en marcha dun Plan de Recuperación Económica e Social, o PRESCO, que permitiu mobilizar 14,4 millóns de euros e facilitar axudas a 759 hostaleiros/as que recibiron de media 1.500 euros de axuda. Para o PRESCO 2021, no que se mobilizan 6,2 millóns de euros, xa solicitaron axudas de 2.000 euros preto de 1000 hostaleiros/as. Ademais deste plan, o Concello lembra o seu compromiso co sector durante a crise mediante a redución nun 50% das taxas de auga e depuración de locais comerciais durante todo o 2021 e a eliminación das taxas das terrazas.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies