13.9 C
A Coruña
viernes 4 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioUrbanismoO Concello da Coruña acomete a reforma integral da pista polideportiva...

O Concello da Coruña acomete a reforma integral da pista polideportiva da Sagrada Familia

As obras consistirán na rehabilitación integral do espazo deportivo e súmanse as levadas a cabo no que vai de mandato nos distintos barrios da cidade

O Concello da Coruña a través da Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, comezou esta semana os traballos de mellora integral da pista polideportiva do barrio da Sagrada Familia. Esta actuación forma parte da política de restauración dos espazos deportivos municipais da cidade que leva a cabo o goberno de Inés Rey.

Os traballos xa comezados consisten no pintado do enreixado da pista e na
restauración completa da bancada. Nos vindeiros días vaise puír, lavar e pintar a
superficie, ademais dos muros, paredes, chanzos e liñas de xogo. Ao respecto dos
equipamentos deportivos, está previsto un cambio de ubicación das canastras de
baloncesto, que na actualidade atópanse en dúas canchas de campo completo. A
actuación posibilitará a creación de catro canchas de baloncesto 3×3.

A reforma da pista polideportiva da Sagrada Familia é a última actuación desenvolta
pola área de Deportes ata o de agora nos equipamentos deportivos dos barrios da
Coruña. Algúns dos traballos xa rematados foron o do cambio de cuberta e arranxos
das instalacións da piscina de Riazor por 285.000 euros ou a reforma da pista central
do Palacio dos Deportes de Riazor.

Nos barrios, destacan o cambio do lucernario do pavillón do Barrio das Flores (48.315
euros), a reforma da fachada do pavillón de Os Rosales (39.527 euros), a construción
da pista multideporte da praza da Tolerancia (152.150 euros), a pista deportiva de
San Diego (8.574 euros), a rehabilitación dos chanzos do campo de fútbol de Agrela
(20.406), a reforma da sala de boxeo e a reforma das portas polideportivas de Riazor
(26.716 euros) ou as obras, aínda en execución, para levar a subministración eléctrica ás instalacións da Sociedade Deportiva As Xubias e o adecuación das instalacións do club na praia de Oza.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies