12.2 C
A Coruña
viernes 19 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioComercioO Concello destina axudas directas ás axencias de viaxes para a creación...

O Concello destina axudas directas ás axencias de viaxes para a creación de novos paquetes turísticos

O Consorcio de Turismo asina un convenio de colaboración con AGAVI para potenciar a cidade como destino turístico

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, asinou esta mañá en María Pita un convenio de colaboración coa Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia, AGAVI, para a posta en marcha dun programa de comercialización de novos produtos e paquetes turísticos para a promoción da Coruña. O Consorcio de Turismo destinará axudas directas ás axencias por importe de 145.200 euros.

Borrego sinalou que o programa está dirixido ás axencias de viaxes que teñan polo menos unha oficina aberta ao público na cidade, pertenzan ou non a AGAVI, e propoñan produtos centrados no turismo náutico, no Camiño Inglés, turismo cultural, a Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, ou rutas innovadoras. As axencias poderán crear ate un máximo de tres paquetes que serán seleccionados por unha comisión que velará pola calidade das ofertas.

Ademais, co obxectivo de difundir estes novos produtos, AGAVI colaborará co Concello na organización dun FamTrip con operadores de toda España con fin de situar a cidade como destino multiexperencia (cultura, gastronomía, compras, náutica, turismo activo..).e levarase a cabo un webinar destinado a profesionais do sector de toda España co fin de garantir a máxima difusión destes novos produtos.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies