12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioSociedadO Concello e a rede Atlantic Cities valoran novas oportunidades de cooperación...

O Concello e a rede Atlantic Cities valoran novas oportunidades de cooperación co Arco Atlántico

A asociación europea Atlantic Cities, da que forma parte o Concello da Coruña, representa ás cidades atlánticas membros desta rede e apoia o seu desenvolvemento común creando proxectos conxuntos

concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, participou esta xornada na asemblea xeral anual organizada pola Rede Atlantic Cities en Viana do Castelo. Na dita asemblea abordáronse cuestións como os avances na execución da rede transeuropea de transporte (RTE-T) e do Mecanismo «Conectar Europa» (MCE) para o transporte. Neste cume en concreto defendeuse a necesidade de potenciar, no ano europeo do ferrocarril, a conexión da fachada atlántica, mellorando a estruturación da rede central da RTE-T, fortalecendo a rede ferroviaria Bilbao-A Coruña e incluíndo un tramo entre Vigo e Porto para garantir a circulación entre A Coruña e Lisboa.

O Goberno de Inés Rey fixo unha aposta forte polo corredor atlántico e o seu ramal a Galicia a través do eixe Coruña-Vigo-Ourense-León, que incluíu a UE no novo regulamento do MCE. O edil defendeu a necesidade de potenciar “as redes básicas do transporte europeo coa nova conexión portuaria, clave para lles dar saída ás mercadorías dos nosos portos e vertebrar mellor todo o norte e interior da comunidade no Arco Atlántico».

Atlantic Cities é unha asociación europea de carácter transnacional que representa os intereses e as iniciativas das autoridades locais (cidades, mancomunidades urbanas, deputacións…) ao longo do Arco Atlántico, conformado po Irlanda, Oeste de Reino Unido, Oeste de Francia, Norte de España, Illas Canarias e Portugal. A súa misión é representar ás cidades atlánticas e apoiar o seu desenvolvemento común e xestionar o interese público trasladándolles os seus problemas e necesidades aos estados, ademais de crear proxectos entre as cidades.

Pódese consultar máis información sobre a Rede Atlantic Cities na súa web: https://atlanticcities.eu/.

ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies