13.9 C
A Coruña
miércoles 4 diciembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioSociedadO Concello e a Universidade da Coruña asinan un convenio marco de...

O Concello e a Universidade da Coruña asinan un convenio marco de cooperación con sete grandes proxectos conxuntos

O obxectivo do acordo e construír unha Coruña accesible, inclusiva, sostible, participativa e defensora dos valores democráticos e de convivencia.

A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron este luns un convenio marco de cooperación entre ambas entidades co fin de desenvolver diferentes actuacións en liña co novo modelo de cidade que promove o goberno local.

O convenio asinado hoxe entre ambas institucións é un exemplo da frutífera colaboración que manteñen o Concello e a Universidade da Coruña, así como da aposta firme do goberno de Inés Rey pola educación pública.

A achega municipal axudará a afondar na consecución dunha cidade máis accesible, inclusiva, sostible, participativa e defensora dos valores democráticos e de convivencia, coherente coas políticas postas en marcha na Coruña polo goberno municipal.

Para iso, ambas partes comprométense á realización conxunta de diferentes actuacións prioritarias. “Os proxectos que hoxe referendamos contribuirán decisivamente á construción do novo modelo de cidade que estamos a impulsar dende o goberno local”, sinalou Inés Rey durante o acto de sinatura do acordo, celebrado no Reitorado da UDC.

Con este convenio, o Concello da Coruña comprométese a financiar sete liñas de actuación da universidade na cidade. O orzamento total para todas elas ascende a 490.000 euros. “A Universidade da Coruña é un referente en campos do coñecemento como a sostibilidade ou a innovación e con este convenio queremos aproveitar esa potencialidade para poñela ao servizo dos intereses da cidade e dos propios coruñeses e coruñesas”, expuxo a alcaldesa.

A primeira das liñas de actuación será o impulso do Laboratorio da Mobilidade Sostible da Coruña 2021. Tratarase dun espazo no que se concentrará toda a información relacionada coa mobilidade na contorna xeográfica da cidade co obxectivo de poder avaliar posibles actuacións de mellora da mobilidade e formulacións estratéxicas para os servizos de transporte público urbano.

A segunda liña de actuación está relacionada coa reordenación da fachada litoral da cidade. O Concello e a UDC colaborarán na elaboración dun Plan Director de Ordenación que sente as bases para a futura ordenación urbanística do actual sistema xeral portuario. Con esta medida o Concello quere dar prioridade máxima á integración do porto na cidade, considerando de grande interese a visión e aportación da Universidade.

A terceira liña tamén está vencellada ao ámbito da sostibilidade. Trátase dun acordo de colaboración en educación e xestión medioambiental. Este proxecto permitirá seguir desenvolvendo actividades conxuntas na xestión dos residuos, a auga ou a enerxía. A cuarta liña trata sobre o fomento dos hábitos saudables e da práctica do deporte a través da cesión de instalacións e a adquisición de material.

A quinta liña de acción é de mellora e reposición das infraestruturas viarias do campus universitario da Coruña. Trátase do proxecto que conta con maior investimento municipal, cun total de 240.000 euros. Permitirá reparar a rúa Fraga e o seu paso entre a Facultade de Ciencias e a praza da Escola de Arquitectura, ademais de abrir novos espazos públicos no Campus de Riazor mediante o acondicionamento da contorna do edificio A Normal- Espazo de Intervención Cultural.

O sexto punto do acordo é o proxecto Coruña Inclusiva. A Universidade comprométese a investigar sobre as desigualdades e diversidades que desembocan en colectivos sociais marcados por características de vulnerabilidade e precariedade, con especial atención á incidencia da violencia sobre as mulleres. A sétima e última liña de actuación tratará sobre a investigación dos valores democráticos e recuperación e divulgación da memoria colectiva.

“Este convenio marco permitirá afianzar máis os nosos lazos de colaboración e seguir achegando conxuntamente para a mellora da cidade da Coruña e da calidade de vida dos seus cidadáns e cidadás a través do desenvolvemento destes sete proxectos que estou segura serán enriquecidos e mellorados grazas á achega e ao traballo do excelente equipo docente e investigador que forma parte da Universidade da Coruña”, sinalou a alcaldesa.


A continuación, as principais liñas de actuación e o seu orzamento.

  • Liña de actuación Importe Transporte e Mobilidade Urbana 60.000 euros
  • Reordenación do espazo urbano 50.000 euros
  • Mellora das infraestruturas da UDC 240.000 euros
  • Educación e xestión medioambiental 10.000 euros
  • Coruña Inclusiva 25.000 euros
  • Valores democráticos 40.000 euros
  • Hábitos saudables e deporte 45.000 euros
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies